Trasar de Carballo, Cartelos, Carballedo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°33′32.75″N 7°50′38.17″O / 42.5590972, -7.8439361

Trasar de Carballo
Trasar de Carballo.jpg
Rúa do Fondo
Parroquia Cartelos
Concello Carballedo
Poboación 33 hab. (2016)

Trasar de Carballo é un lugar da parroquia de Cartelos, no concello lugués de Carballedo, na comarca de Chantada. Segundo o INE en 2016 tiña 33 habitantes (17 homes e 16 mulleres).

Toponimia[editar | editar a fonte]

O nome de Trasar[editar | editar a fonte]

Segundo Ferro Ruibal, Trasar deriva do antropónimo Trassarius, o nome do primeiro propietario dunha explotación agropecuaria, que se chamaba Trasario. No século XII o lugar xa aparece documentado con este nome, e hai noticia dun Petrus Iohannis de Trasar do século XIII.[1]. Carballo é un fitónimo que fai referencia á árbore abundante na zona, que ten a súa orixe no prerromano *carba[2].

Microtoponimia[editar | editar a fonte]

Nomes concretos[3] das terras con indicación do polígono e parcela (SIXPAC):

O Areal (pol. 22, par. 566), O Arransallo (pol. 6, par. 380, 382, 383), Augaboa (pol. 23, par. 201), As Batocas (pol. 6, par. 297), A Bubaíña (pol. 6, par. 554, 557, 558), As Bouzas (pol. 6, par. 369 e pol. 22, par. 520), Os Buratos do Zorro (pol. 22, par. 507), Casouril (pol. 22, par. 490), Cazabois (pol. 6, par. 222), O Cazarrete (pol. 23, par. 287), A Cerrada do Pataqueiro (pol. 6, par. 579), O Chao do Carballo (pol. 6, par. 352), Os Chaos (pol. 22, par. 558), Os Chousos (pol. 23, par. 238), Coiras (pol. 22, par. 29), Cortiñas (pol. 22, par. 530, 531, 527), A Costa (pol. 6, par. 562), O Coto (pol. 22, par. 546), As Cubelas (pol. 6, par. 371), Os Currás (pol. 6, par. 317), Debaixo da Uceira (pol. 22, par. 545), A Devesa (pol. 22, par. 546), A Devesa Vella (pol. 22, par. 512), Ferradás (pol. 22, par. 627), O Fondo do Agro (pol. 22, par. 452), A Fonte Dominga (pol. 6, par. 309), A Forca (pol. 6, par. 144), A Horta de Riba (pol. 22, par. 684), As Hortas (pol. 22, par. 727), A Lama da Pireira (pol. 22, par. 611), Lama Cova (pol. 22, par. 552), A Lama do Zorro (pol. 22, par. 551), Lama Redonda (pol. 22, par. 550), Lama Travesa (pol. 22, par. 537), As Lamas (pol. 7, par. 481), O Lameiro (pol. 22, par. 701), A Lamela (pol. 22, par. 726), O Lavadoiro (pol. 22, par. 625), A Leira da Cruz (pol. 22, par. 716), Libureiras (pol. 23, par. 19), Os Lobos (pol. 6, par. 244), O Monte Arrieiro (pol. 6, par. 270), O Monte Calvo (pol. 6, par. 247), O Muíño (pol. 22, par. 502, 505), A Nabeira Nova (pol. 22, par. 602), O Outeiro (pol. 22, par. 606), A Paradela (pol. 6, par. 292), Paramios (pol. 6, par. 359), As Pistelas (pol. 22, par. 21), Portacales (pol. 22, par. 547), O Pradiño (pol. 22, par. 710), O Prado de Riba (pol. 22, par. 634), O Prado de Baixo (pol. 22, par. 537), A Purreira (pol. 6, par. 283), A Rebouza (pol. 23, par. 243), A Regaña (pol. 6 par. 240), Os Regos (pol. 6, par. 127), A Revolta (pol. 22, par. 651, 652, 654), O Rexidor (pol. 6, par. 383), As Rigueiras (pol. 22, par. 660, 665), O Rolleiro/Rulleiro (pol. 22, par. 643, 638), Os Salgueiriños (pol. 6, par. 320), Suashortas (pol. 22, par. 700), Tras das Airas (pol. 22, par. 601, 592), O Val (pol. 22, par. 663), Valderredes (pol. 22, par. 315), A Villerma (pol. 22, par. 670), A Voutureira, A Zanca (pol. 6, par. 721, 189), Os Zorros (pol. 22, par. 539).

No Catastro de Ensenada de 1753 xa figuran nomes de eidos en Trasar de Carballo: Lodeiro, Outeiro, Ferradás, Portacales, Palleiro, Lama, Lamela, Agro, Currás, Rollo, Rolleiro, Pereira, Pereiras, Campo, Val, Verea/Berea, Coto, Chan/Chau, Baixo, Porra, Porreira, Branca/Banca (ou Carvallo, nunha finca), Revolta, Frea, Salgueiriños, Villerma, Carvallo, Soanabeira.[4].

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Peto de ánimas de Trasar de Carballo[5]: Peto que presenta un fornelo rectangular e arqueado. O retablo está tallado en pedra sen policromía e representa as ánimas no purgatorio. O tellado presenta unha cúpula coroada por unha cruz e a ámbolos lados da cúpula dous pináculos coroados por sendas bolas. Pertence ao século XVII.[6].

Trasar na cultura popular[editar | editar a fonte]

Os de Trasar matan a besta,

os de Lobelle cómena fresca,

e os de Quintá mandaron recado

que lles gardaran mitá do rabo. ![7]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Cartelos[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Cartelos no concello de Carballedo (Lugo)

Cartelos | A Casa do Barrio | A Laxa | Trasar de Carballo | Vilaguillulfe


Parroquias de Carballedo[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Carballedo

Aguada (Santa Baia) | Buciños (San Miguel) | Carballedo (Santa María) | Cartelos (Santo Estevo) | Castro (San Cristovo) | Chouzán (Santo Estevo) | A Cova (San Xoán) | Erbedeiro (San Pedro) | Furco (San Gregorio) | Lobelle (San Cristovo) | Lousada (Santiago) | Marzás (Santa María) | Milleirós (San Xoán) | Oleiros (San Miguel) | Pradeda (Santiago) | San Mamede de Lousada (San Mamede) | San Romao de Campos (San Romao) | San Salvador de Búbal (San Salvador) | Santa Baia de Búbal (Santa Baia) | Santa Cristina de Asma (Santa Cristina) | Santa Mariña do Castro (Santa Mariña) | Temes (Santa María) | Veascós (Santa Mariña) | Vilaquinte (Santa María)

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Eira na cima do lugar 
Fonte do lugar 
Rúa da cima do lugar 
Centro do lugar 
Forno común 
Paisaxe do lugar 
"Rúa escura" 
Peto de ánimas 
Praza do liño 
Lateral dunha nave agrícola 
Detalle do peto de ánimas 

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Orixe do nome Trasar" (PDF). www.osparentes.eu. Consultado o 04-05-2017. 
  2. Ares Vázquez, Nicandro (2013). Estudios de toponimia galega, tomo II. Real Academia Galega. ISBN 978-84-87987-85-4. 
  3. "Microtoponima: Os Parentes". osparentes.eu. Consultado o 25/08/2017. 
  4. Catastro de Ensenada: Reyno de Galicia, Provina. De Lugo, Sn. Hestevan de Cartelos, Coto delmismo nm. Libro de Vecindario quecomprehende todoslos Individuos Seglares de ambos Sexos conDistencion dehedades, Estado, Oficio, Arte e Industria y deloquecadauno Utiliza poreStaRazon)
  5. "Peto de ánimas de Trasar de Carballo" (PDF). Concello de Carballedo. Consultado o 20/09/2017. 
  6. "Patrimonio etnográfico do Concello de Carballedo". Concello de Carballedo. Consultado o 04-05-2017. 
  7. Rielo Carballo, Nicanor (1976). Escolma de Carballedo. Ed. Castrelos. p. 127. ISBN 84-7041-041-5.