Billó de Ouro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Billó de Ouro é un premio outorgado polos concellos da comarca de Chantada (Taboada, Chantada e Carballedo) desde 1997. Desde o ano 2004 outórgao a Sociedade Cultural e Gastronómica Luso-Galaica, fundada para promover e potenciar a cultura e gastronomía galega e portuguesa.[1] Billó é a forma local para nomear a castaña asada e sen casca ou bulló;[2] en portugués bilhó é unha castaña asada e sen casca / unha noz sen casca / un meniño de peito gordiño e pequeno.[3] As primeiras edicións xurdiron arredor da festa da castaña, o magosto en Chantada, de aí o nome e tamén que o primeiro premiado fose un empresario das castañas.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • 1ª edición, 1997: Manuel Areán González (Castañas Naiciña)
  • 2ª edición, 1998: Javier Taboada Rodríguez (Cooperativa ICOS, despois AIRA)
  • 3ª edición, 1999: Javier Méndez Otero (empresario vitivinícola)
  • 4ª edición, 2000: José Mouriño Cuba (xefe provincial do Instituto de Calidade Agroalimentaria)[4]
  • 5ª edición, 2001: Juan Méndez Otero (fundador de Sidrería Galega)[5]
  • 6ª edición, 2002: Manuel Fraga Iribarne (Presidente da Xunta de Galicia. Non recolleu o premio por coincidir co afundimento do Prestige.[6]
  • 7ª edición, 2005: Manuel García Vázquez “Buciños” (escultor)[7]
  • 8ª edición, 2006: Víctor Arias Pérez (cofundador da Coral Polifónica de Chantada)
  • 9ª edición, 2007: Esther Teijeiro Lemos (adegueira da Ribeira Sacra)[8]
  • 10ª edición, 2008: Víctor Manuel Vázquez Portomeñe (exconselleiro e exsecretario do concello de Carballedo)[9]
  • 11ª edición, 2009: Faustino Fernández “Vilaseco” (empresario)[10]
  • 12ª edición, 2010: Ángel Palomero Bretón (fundador de ASDEME)[11]
  • 13ª edición, 2011: Roberto Sánchez Sánchez (empresario de Hermanos Sánchez)[12]
  • 14ª edición, 2012: Sergio Vázquez Yebra (exalcalde de Chantada)[13]
  • 15ª edición, 2013: Amancio López Seijas (presidente do grupo hoteleiro HOTUSA)[14]
  • 16ª edición, 2014: Coral Polifónica de Chantada[15]
  • 17ª edición, 2015: Banda de Música de Chantada[16]
  • 18ª edición, 2016: Mario Vázquez Regal (adegueiro da Ribeira Sacra)[17]
  • 19ª edición, 2017: Jesús Ortega Carrasco (enxeñeiro agrícola)[18]
  • 20ª edición, 2018: Araceli Río Bimbiela (médica)[19]
  • 21ª edición, 2019: Galletas Daveiga[20]
  • 22ª edición, 2021: José Jesús Ramos Ledo (exalcalde de Taboada)[21]
  • 23ª edición, 2022: Pegerto Torres Hermida (arcipreste, cura e profesor de instituto)[22]
  • 24ª edición, 2023: Anxo González Guerra (profesor de lingua e literatura galegas).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Presentación Sociedade Cultural e Gastronómica Luso-Galaica". asociacionculturallusogalaica.org. Consultado o 2023-10-23. 
  2. "bulló". academia.gal. Consultado o 25 de outubro de 2023. 
  3. S.A, Priberam Informática. "bilhó". Dicionário Priberam (en portugués). Consultado o 2023-11-04. 
  4. Comunicacion Provincial (2022-10-20). "O PP de Xermade propón que o Concello nomee fillo predilecto a José Mouriño Cuba". Partido Popular de Lugo. Consultado o 2023-10-23. 
  5. "El empresario Juan Méndez recibió el «Billó de Ouro» en Chantada". La Voz de Galicia (en castelán). 2001-12-02. Consultado o 2023-10-23. 
  6. "Fraga anula su visita a las obras de Chantada, que amanecieron manchadas de chapapote". La Voz de Galicia (en castelán). 2002-12-05. Consultado o 2023-10-23. 
  7. "Buciños, Billó de Ouro de este año". La Voz de Galicia (en castelán). 2005-11-19. Consultado o 2023-10-23. 
  8. "A adegueira Esther Teijeiro recibirá o Billó de Ouro mañá nunha cea en Soilán". La Voz de Galicia. 2007-11-22. Consultado o 2023-10-23. 
  9. "El Billó de Ouro de este año será para Víctor Manuel Vázquez Portomeñe". La Voz de Galicia (en castelán). 2008-11-02. Consultado o 2023-10-23. 
  10. "Gómez Besteiro participa en Chantada na entrega da XI Edición do Billó de Ouro". Diputación de Lugo. Consultado o 2023-10-23. 
  11. A. L. (2010-11-24). "O subdelegado do Goberno entregará o Billó de Ouro a Ángel Palomero". El Progreso. Consultado o 2023-10-23. 
  12. "El Billó de Ouro de este año será para el industrial Roberto Sánchez". La Voz de Galicia (en castelán). 2011-12-16. Consultado o 2023-10-23. 
  13. Fernández, Roi (2012-12-28). "El equipo de gobierno de Chantada, treinta años después". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2023-10-23. 
  14. "El director de Hotusa, emocionado". Asociación Cultural Luso Galaica. 
  15. A. L. (2014-11-25). "A coral de Chantada clausura o seu 50 aniversario co Billó de Ouro". El Progreso de Lugo. Consultado o 2023-10-23. 
  16. "Historia de la Banda de Música de Chantada". Ventos do Norte (en castelán). Consultado o 2023-10-23. 
  17. "Premio Billó de Ouro para el chantadino Mario Vázquez Regal". La Voz de Galicia (en castelán). 2016-11-13. Consultado o 2023-10-23. 
  18. Fernández, Roi (2017-11-01). "El ingeniero agrícola Jesús Ortega, distinguido con el Billó de Ouro". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2023-10-23. 
  19. L., A. (2018-11-14). "A médica Araceli Río será distinguida co premio Billó de Ouro de Chantada". El Progreso. Consultado o 2023-10-23. 
  20. Daveiga (2019-12-23). "El Billó de Ouro, nuestro mejor regalo de Navidad". Galletas Daveiga. Consultado o 2023-10-23. 
  21. Rodríguez, Luís A. (2021-11-17). ""É necesario un pacto entre todas as forzas para impulsar Taboada"". El Progreso de Lugo. Consultado o 2023-10-23. 
  22. A. L. (2022-10-04). "O sacerdote Pegerto Torres será condecorado co Billó de Ouro". El Progreso. Consultado o 2023-10-23.