Saltar ao contido

Dani Tasende

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tasende
Información persoal
Nome Daniel Esmorís Tasende
Nacemento 6 de xullo de 2000
Lugar de nacemento Silván
Posición Lateral esquerdo
Información de club
Club actual Zaragoza
Carreira xuvenil
Escolas Luis Calvo Sanz
2013–2015 Manchester City
2015–2016 Bergantiños
2016–2019 Villarreal
2017–2018 CD Roda
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2019–2020 Villarreal C 15 (0)
2020–2024 Villarreal B 133 (10)
2021 Villarreal 0 (0)
2024– Zaragoza 0 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 10 de xullo de 2024.
editar datos en Wikidata ]

Daniel Esmorís Tasende, nado en Silván (Erbecedo, Coristanco) o 6 de xullo do 2000, é un futbolista galego que xoga de lateral esquerdo no Real Zaragoza, da Segunda División.

É irmán do futbolista da Roma Angeliño.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Comezou a formarse como futbolista nas Escolas Luís Calvo Sanz de Carballo, ata que en 2013 se trasladou a Manchester, xunto con súa nai e seu irmán Angeliño, que acababa de fichar polo Manchester City.[1] Durante os dous anos que viviu na cidade inglesa estivo na academia de fútbol do City, regresando a Galicia en 2015. Xogou unha tempada co equipo cadete do Bergantiños, actuando como extremo esquerdo con bos números goleadores, ata que o Villarreal o invitou a xogar un torneo amigable, a Yellow Cup, durante as vacacións da Semana Santa.[2] A súa boa actuación no torneo fixo que o conxunto amarelo o fichase para a súa canteira, xunto ao tamén galego Dani Pereiro.[3][4]

Villarreal

[editar | editar a fonte]

Xogou cos equipos cadete e xuvenil do Villarreal, sendo cedido na tempada 2017/18 ao xuvenil do CD Roda. Na tempada 2018/19 proclamouse co Villarreal campión da División de Honra Xuvenil e chegou ata a final da Copa de Campións, onde o equipo perdeu contra os xuvenís do Zaragoza na quenda de penaltis.[5] Ademais proclamouse campión da Copa do Rei Xuvenil, tras derrotar na final ao Atlético de Madrid.[6]

A finais desa mesma tempada debutou co Villarreal C en Terceira División, co que continuou na tempada seguinte. Na 2020/21 xogou co Villarreal B na Segunda División B, disputando 22 partidos, case todos como titular, e marcando dous goles. O equipo adestrado por Miguel Álvarez logrou a clasificación para a nova Primeira División RFEF, na que Tasende continuou como titular no lateral esquerdo.

O 30 de novembro de 2021 debutou da man de Unai Emery co primeiro equipo do Villarreal no estadio de Riazor, nun partido correspondente á primeira rolda da Copa do Rei 2021/22 contra o modesto Victoria coruñés, gañando por 0-8.[7] Continuou o resto da tempada no filial, sendo titular en tódolos encontros, incluídos os dous da promoción de ascenso, na que o equipo conseguiu subir a Segunda tras derrotar á UD Logroñés e ao Nàstic na Malata e en Balaídos respectivamente.[8]

O filial amarelo militou as dúas seguintes tempadas na división de prata, nas que Tasende foi aliñado como titular por Miguel Álvarez na meirande parte dos partidos, acumulando 72 encontros e 4 goles na categoría. En xullo de 2024 anunciouse o seu traspaso ao Real Zaragoza, deixando así o Villarreal B despois de 4 anos nos que disputou un total de 133 partidos, con 10 goles no seu haber.[9]

Real Zaragoza

[editar | editar a fonte]

Asinou un contrato de catro anos co Real Zaragoza, converténdose na cuarta incorporación do equipo para a tempada 2024/25 da Segunda División, tralas chegadas de Joan Femenías, Mario Soberón e Gori Gracia.[9]

  1. "O irmán de Angeliño, Dani Esmorís, visitou As Eiroas". 2 de xullo de 2021. Consultado o 2 de decembro de 2021. 
  2. Ferreiro, José M. (19 de marzo de 2016). "El hermano de Angeliño entrena con el Villarreal para un torneo". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2 de decembro de 2021. 
  3. Ferreiro, José M. (10 de abril de 2016). "El Villarreal fichará a Daniel, el hermano pequeño de Angeliño". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2 de decembro de 2021. 
  4. Carballo, Pablo (18 de novembro de 2021). "El Villarreal sigue pescando en Galicia". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2 de decembro de 2021. 
  5. Martín, J. (11 de maio de 2019). "Zaragoza 0- Villarreal 0 (7-6): goles, resumen y resultado". As (en castelán). Consultado o 2 de decembro de 2021. 
  6. "El Villarreal CF se impone al Atlético en la final de la Copa del Rey Juvenil (0-3)" (en castelán). 29 de xuño de 2019. Arquivado dende o orixinal o 05 de febreiro de 2022. Consultado o 2 de decembro de 2021. 
  7. "Dela, Tasende y Nikita Iosifov debutan con el Villarreal CF" (en castelán). 30 de novembro de 2021. Arquivado dende o orixinal o 02 de decembro de 2021. Consultado o 2 de decembro de 2021. 
  8. Lestón, Antón (27 de xuño de 2022). "Dani Tasende: «Véxome con opcións de dar o salto»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 29 de xuño de 2022. 
  9. 9,0 9,1 "Dani Tasende ya es jugador del Real Zaragoza" (en castelán). 10 de xullo de 2024. Consultado o 10 de xullo de 2024. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]