Saltar ao contido

City of Manchester Stadium

Etihad Stadium
Manchester (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Etihad Stadium
 Custo
112.000.000 £ Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
 Mantido por
 Fabricante
 Operador/a
 Ocupante
 Propietario/a
 Arquitecto/a
 Enxeñeiro estrutural
Datas e cronoloxía
 Fundación
12 de decembro de 1999 Editar o valor en Wikidata
 Inauguración
2002 (Como estadio de atletismo)
Dimensión
Capacidade55.017 Editar o valor en Wikidata
Capacidade máxima55.017 Editar o valor en Wikidata
Tipo superficieDesso GrassMaster Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
Manchester (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Localización
 Enderezo
Alan Turing Way, Manchester M11 3JB Editar o valor en Wikidata
 País
Patrimonio cultural
 Premios
IOC/IAKS Award Gold (en) Traducir (2005) Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata C:Commons

O City of Manchester Stadium, chamado Etihad Stadium dende 2011 por razóns de patrocinio, é un estadio de fútbol da cidade de Manchester, en Inglaterra, con capacidade para 55.097 seareiros, no que disputa como local os seus encontros o Manchester City, un dos clubs máis importantes da Premier League.

O estadio foi deseñado para acoller os Xogos Olímpicos de 2000 que a cidade de Manchester pretendía organizar. Trala derrota da candidatura olímpica, a cidade presentou con éxito a súa candidatura para acoller os Xogos da Commonwealth de 2002. As obras do novo estadio comezaron en 1999, e o 25 de xullo de 2002 foi inaugurado coincidindo coa cerimonia de apertura dos campionatos. Tralo remate dos xogos o estadio de atletismo comezou a ser reformado para transformarse nun estadio de fútbol, retirando as pistas de atletismo e baixando uns metros o nivel do terreo de xogo para engadir un novo anel que aumentou a capacidade do estadio en case 7.000 asentos, pasando de 41.000 a 47.726. O Manchester City mudouse do seu antigo fogar, o estadio Maine Road, á súa nova residencia ó comezo da tempada 2003-04. Dende entón o club acadou dous títulos de liga en 2011-12 e 2013-14. En 2014 a capacidade do recinto aumentou de novo tralas reformas dun dos fondos do estadio, pasando de 47.405 a 55.097 asentos.

Ademais dos Xogos da Commonwealth de 2002, o estadio ten acollido eventos deportivos importantes como a final da Copa da UEFA de 2008, e foi seleccionada como unha das 13 sedes da Copa do Mundo de Rugby 2015.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]