Dani Abalo
| Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nacemento | 29 de setembro de 1987 Vilagarcía de Arousa | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Altura | 174 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Peso | 68 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Período de actividade | 2006 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Posición de xogo | Extremo esquerdo e centrocampista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Número deportivo | 7 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Daniel Abalo Paulos, nado en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) o 29 de setembro de 1987, é un exfutbolista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Chegou ao Celta procedente das categorías inferiores do Xuventú Cambados para xogar no equipo xuvenil A. Antes de rematar a tempada, o adestrador Rafa Sáez decidiu subir o xogador ao Celta B, no que Abalo axiña se fixo coa titularidade. O 3 de decembro de 2006 Fernando Vázquez fíxoo debutar co equipo absoluto na primeira división no estadio de Son Moix, fronte ao RCD Mallorca.
Na seguinte tempada continuou no Celta B, aínda que participou co primeiro equipo de forma esporádica. Por fin, na tempada 2008/09, ascendeu de xeito definitivo para xogar con eles na Segunda División. Debido, entre outras cousas, ao interese posto nel por outros equipos, o 23 de xullo de 2009 a directiva celeste decidiu blindalo cun novo contrato deica 2013 e unha cláusula de rescisión de 10 millóns de euros.
Na campaña 2010/11 partiu como suplente do xa veterano De Lucas, pero chegou a disputar 35 partidos (9 como titular e 26 como suplente), anotando 3 goles e dando 5 asistencias. Malia a súa calidade, a irregularidade de Abalo fixo que perdese continuidade no equipo e, na tempada 2011/12, a súa escasa participación na primeira volta levouno a aceptar unha oferta do Gimnàstic de Tarragona para marchar cedido ata o final de liga. Ao ano seguinte volveu repetir cesión, esta vez ao SC Beira-Mar portugués onde realizou moi bo papel, o que fixo que recibise varias ofertas para a tempada 2013/14. Finalmente rescindiu o seu contrato co Celta no verán de 2013 e fichou polo Ludogorets Razgrad, vixente campión da liga búlgara e que xogou a fase clasificatoria para a Champions League[1].
Clubs
[editar | editar a fonte]Campionatos nacionais
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Dani Abalo se desvincula del Celta", artigo en Marca, 26 de xuño de 2013 (en castelán).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Xogadores do Celta de Vigo
- Xogadores do Celta de Vigo B
- Futbolistas de Vilagarcía de Arousa
- Dianteiros de fútbol
- Nados en Vilagarcía de Arousa
- Nados en 1987
- Xogadores do SC Beira-Mar
- Xogadores do Juventud Cambados
- Xogadores do Gimnàstic de Tarragona
- Xogadores do PFC Ludogorets Razgrad
- Xogadores do Sivasspor
- Xogadores do Deportivo Alavés
- Xogadores do Racing de Ferrol
- Xogadores do Korona Kielce
- Xogadores do FC Cartagena
- Xogadores do UP Langreo
- Xogadores do Portonovo SD