Saltar ao contido

Afrikan tähti

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Afrikan tähti
OrixeFinlandia
Deseñado porKari Mannerla
Data de publicación1951
Xogadores2-6
Preparación1-5 minutos
Duración15-60 minutos
ComplexidadeBaixa
EstratexiaBaixa
AzarAlto (dados)

Afrikan tähti (en sueco Afrikas stjärna, en galego Estrela de África) é un xogo de mesa finlandés creado por Kari Mannerla, no que o obxectivo dos xogadores é encontrar unha xema chamada a "Estrela de África". Mannerla ideou o xogo orixinalmente cando tiña 19 anos baseado nunha pequena investigación previa. En 1951 lanzouse Afrikan tähti, facéndose moi popular en Finlandia, e vendendo máis de catro millóns de unidades a nivel internacional.

As normas do xogo son sinxelas: os xogadores avanzan sobre un taboleiro baseado no mapa de África tirando un dado e dando a volta a pesas de cartón para atopar tesouros. Os cartos que os xogadores conseguen dos tesouros pode acelerar o seu avance no xogo. Gaña o xogo a persoa que encontra a Estrela de África (Afrikan tähti) e a leva ao punto de partida nos cadros de Tánxer ou O Cairo.

Fixéronse tamén versións dixitais do xogo para Commodore 64 e dispositivos móbiles. En 2014 agregouse un complemento ao xogo de mesa, no que se engaden novos elementos, como cartas de personaxe e eventos. Durante os seus días de xubilación Mannerla creou tamén unha nova versión do seu vello xogo, Inkan aarre (en galego Tesouro inca), que transcorre en América do Sur e lembra na súa mecánica a Afrikan tähti.

Xemas do xogo
Ao longo do taboleiro as persoas participantes poden atoparse topacios, esmeraldas e rubís polos que recibirán cartos.

O obxectivo do xogo é atopar unha xema chamada "Estrela de África" e levala os seguros Tánxer e O Cairo, que son ademais os puntos de partida do xogo. Inicialmente cada xogador recibe 300 libras. A orde de saída determínase tirando o dado, o xogador que obtén o número máis alto inicia o xogo, e séguenlle o resto por orde descendente do número que obtiveron.[1]

Antes de iniciar o xogo colócanse 30 discos sobre outros tantos círculos vermellos no taboleiro ao azar coa parte posterior cara a arriba. Os discos teñen a mesma aparencia na súa parte posterior, mais diferéncianse nas imaxes da súa parte anterior. Un dos discos é a "estrela de África"; entre o resto dos discos son dous rubís, tres esmeraldas, catro topacios, tres ladróns e cinco ferraduras. Os demais discos están en branco e non teñen efecto no desenvolvemento do xogo.[1]

Os xogadores moven as súas fichas sobre un taboleiro que mostra un mapa de África de acordo co número de puntos que sinale o dado. O xogo ten tres rotas diferentes:[1]

  • O camiño de puntos negros, sobre o continente, é o máis común, e o xogador pode moverse por el de xeito gratuíto.
  • A rota marítima está descrita por puntos azuis, e pode ser recorrida pagando 100 libras ou avanzando como máximo dous puntos por quenda sen pagar.
  • A rota aérea está marcada por liñas vermellas, e o xogador debe pagar 300 libras para desprazarse entre dous puntos vermellos.

Se o xogador chega a un punto vermello, no que hai un disco de cartón, pode pagar 100 libras ou tirar o dado (4, 5 u 6) para darlle a volta ao disco. O xogador pode pararse no punto vermello, mesmo se os puntos do dado permiten seguir avanzando. Se no disco hai unha xema que non sexa a "estrela de África", o xogador recibe cartos por ela (300 polo topacio, 600 pola esmeralda e 1 000 polo rubí), mais se nel hai un ladrón, o xogador perderá todos os seus cartos. [1]

Atopar unha ferradura pode darlle a vitoria a quen a encontre.

Cando un xogador encontra a "estrela de África", ten que levala a calquera das cidade de inicio do xogo para gañar. Se algún outro xogador encontra unha ferradura despois de que se encontre a "estrela de África", ten a posibilidade de gañar o xogo chegando a Tánxer ou O Cairo antes de que o xogador que atopou a "estrela de África".[1]

Segundo as normas orixinais, un xogador que viaxaba pola rota marítima tiña que pedir emprestados cartos a outros xogadores para a viaxe, ou quedar atrapado durante o resto da partida, se atopaba un ladrón nunha illa e perdía todos os seus cartos.[2] En 2005 realizouse unha ampliación ás normas sobre a viaxe marítima, segundo a cal é posible viaxar por mar dous pasos en cada quenda sen ter cartos en lugar de lanzar os dados. A norma antiga considerouse nostálxica, xa que a frustración de quedar atrapado na illa foi unha experiencia que une a moitas xeracións de xogadores.[3][4]

Nomes dos lugares do taboleiro de xogo

[editar | editar a fonte]
O taboleiro de xogo é un mapa de África.

Os nomes dos lugares no taboleiro de xogo están escritos na súa forma inglesa. O xogo desenvolveuse nunha época na que moitos países africanos eran aínda colonias. Dende a súa independencia moitos nomes de lugares cambiaron, e non todos os nomes do taboleiro de xogo se usan na actualidade. Con todo, o xogo de mesa orixinal e os nomes que emprega non cambiaron.[2][4]

Puntos de saída do xogo, aos cales tamén se leva a "estrela de África" ao final do xogo:[2]

Os lugares do taboleiro de xogo nos que existen círculos vermellos nos que se colocan discos son os seguintes, por orde alfabética:

Nacemento do xogo

[editar | editar a fonte]

Dende os 14 anos Kari Mannerla deseñara distintos xogos de mesa, como Totalisaattoriravit, Gangsterit kiinni, Radiumtaistelu Marsissa, Merien kauhu (1948) e Inkan aarre, que vendeu por unha pequena suma e non chegaron ser tan exitosos como Afrikan tähti. Feito cando Mannerla tiña 19 anos e era un experimentado inventor de xogos, Afrikan tähti foi o derradeiro dos xogos da súa xuventude.[2]

A "Gran estrela de África" ​​cortada do diamante Cullinan. Na imaxe unha copia no Museum Reich der Kristalle de Múnic.

Segundo Mannerla, a idea do xogo naceu cando viu o engurrado mapa de África e os fascinantes nomes de lugares como Casablanca e Dar es Salaam nos filmes de Humphrey Bogart. Mannerla inventou o nome do xogo a raíz dun artigo no que falaba do Cullinan, o maior diamante do mundo, encontrado en Suráfrica. A súa peza puída máis grande é coñecida como a Grande estrela de África (inglés: Great Star of Africa).[5] Elixiu no mapa nomes que soaban emocionantes. Debuxou de xeito arbitrario camiños e rotas marítimas e aéreas. Logo ocorréuselle que non era necesario seguir sempre un determinado camiño no xogo, senón que cada persoa pode elixir a súa propia rota. Con todo, a idea principal foron as pezas reversibles e aleatorias.[6]

Mannerla ofreceu o xogo en alugueiro á imprenta Tilgmann.[7] O prezo negociouse para un par de anos. Mannerla conformouse cunha suma bastante pequena pola edición de 10 000 xogos, sempre que as edicións posteriores se acordaran por separado. Tilgmann concordou, xa que normalmente non se realizaban novas edicións dos xogos. O acordo foi un éxito para Mannerla.[8] O primeiro Afrikan tähti saíu da imprenta en outono de 1951,[5] e sete anos despois xa se venderan máis de 100 000 xogos.[7] A icónica ilustración da portada do xogo foi realizada por Seppo Heinonen, que tamén estaba traballando entre os anos 1957 e 1961 para Tilgmann, o editor orixinal do xogo.[9]

Mannerla visitou por primeira vez o continente africano na década de 1980, cando realizou unha viaxe da compañía por Marrocos. Posteriormente, a finais da década de 1990 sinalou divertido polo deseño do taboleiro de xogo, que "é conmovedor o infantil que está feito". Por outra banda tamén afirmou, que "se fas un plano de estudos, non haberá un bo xogo".[4]

Nos seus días de xubilación Kari Mannerla reviviu tamén unha versión totalmente renovada do seu antigo xogo Inkan aarre.[5] Os dereitos de autoría de ambos xogos pertencen actualmente ás cinco fillas de Mannerla. Afrikan tähti é unha marca rexistrada.

Recepción

[editar | editar a fonte]

Popularidade

[editar | editar a fonte]

Afrikan tähti mantívose como un dos xogos de mesa máis vendidos en Finlandia durante máis de 60 anos. O xogo ten sido chamado o favorito perdurable que une xeracións de finlandeses.[3] No ano 2013 vendéranse máis de catro millóns de copias en todo o mundo.[7] Co tempo traduciuse a máis de dezaseis idiomas,[5] e a súa maior popularidade é maior nos países nórdicos.[8] A primeira versión internacional publicouse en Noruega en 1956.[7] En Suecia o xogo véndese baixo o nome Den Försvunna Diamanten, en Noruega como Den Försvunne Diamanten e en Dinamarca é chamado Afrikas Stjerne.

Os feitos poderían afirmar que Afrikan tähti é un xogo colonialista, xa que os xogadores están competindo polos recursos naturais. Sen dúbida o xogo leva consigo o legado do dominio colonial mais, por outra banda, os bandidos do xogo tamén semellan europeos. Hai finalmente unha gran diferenza entre os xogadores e os ladróns de mentalidade occidental que se agochan no taboleiro?

Hannu Salmi, profesor de historia cultural.[10]

Segundo os estudos académicos o xogo reproduce os mitos coloniais sobre África e a súa explotación: por exemplo o diamante debe ser "levado a un lugar seguro" nas cidades gobernadas por europeos.[11][12] No momento da súa publicación en 1951 os países europeos consideraban varios países africanos como colonias.[4] Segundo Henna Yläsen Afrikan tähti é un bo exemplo do pouco que se controlan as edicións de xogos en comparación coa prensa e os libros escolares. Os debuxos estereotípicos Afrikan tähti sitúanse ”na intersección entre o xogo, o xogar e o humor, onde tamén hai máis espazo para interpretacións cuestionables ou contraditorias”. A pesar das críticas o xogo aínda se edita case na mesma forma que cando se lanzou en 1951.[12] A aparencia antiga das ilustracións e os nomes empregados no taboleiro de xogo téñense considerado tamén parte do encanto do xogo.[2]

Na lista do sitio web Boardgamegeek o xogo ten recibido as peores críticas para os xogos de mesa da década de 1950.[13] Segundo Lautapeliopas o xogo é un xogo de azar desapiadado, onde non hai moitas habilidades que celebrar”, e para as persoas afeccionadas aos xogos de mesa odiar o xogo é "un importante factor de unión".[2]

Na cultura

[editar | editar a fonte]

O Museo Helinä Rautavaara acolleu entre o 2007 e 2008 a exposición Afrikan tähti.[14] No chan da exposición pintouse un percorrido de visita que lembraba as rotas do taboleiro de xogo, e no que as persoas que visitaban a exposición actuaban como pezas do xogo. A exposición tiña fins educativos e falaba de lugares que aparecían no xogo.[4]

A obra de teatro de Janne Saarakkala Cape Town está inspirada no xogo Afrikan tähti.[15]

Versións

[editar | editar a fonte]

Xogos de mesa

[editar | editar a fonte]

O nome orixinal de lanzamento do logo era Kadonnut Afrikan tähti – Den försvunna diamanten (galego: A Estrela de África perdida – O diamante perdido). O editor actual do xogo é Martinex, a quen se lle transferiron os dereitos no ano 2003 como resultado dunha adquisición comercial.[7]

Existe tamén unha versión "deluxe" do xogo,[16] unha versión do 60 aniversario,[7] outra versión do 70 aniversario deseñada por Matti Pikkujämsä,[17], unha versión de madeira,[18] e unha versión de viaxe con pezas magnéticas.[19] Ademais hai un xogo de memoria e unha versión crebacabezas de 350 pezas.[20][21]

Complemento Retkikunnat

[editar | editar a fonte]

En 2014 lanzouse un complemento para o xogo chamado Retkikunnat (galego: Expedicións, que fai que o xogo básico sexa máis complexo. Cada xogador ten que elixir un personaxe e acumular cartas de expedición para atopar no taboleiro de xogo. Hai dúas capas de discos no taboleiro, e a Estrela de África encóntrase no nivel inferior. Os personaxes danlles aos xogadores distintas calidades: por exemplo Pohata ten máis cartos no inicio. Ademais o complemento ten cartas de perigo e eventos que afectan o devir do xogo. Ao chegar a un cadro vermello o xogador colle unha carta de evento, que pode darlle, por exemplo, medo a voar ou mareos no mar. Como novidade, pode intentar roubarse a Estrela de África a un xogador que a teña atopado. De acordo cunha revisión da guía do xogo de mesa, as novas características adicionais do xogo aumentan a aleatoriedade e a natureza do xogo baseada na sorte, mentres que a importancia da habilidade non aumenta.[22]

Xogo de cartas

[editar | editar a fonte]

Kari Mannerla tamén desenvolveu unha versión de cartas de Afrikan tähti, que Peliko Oy lanzou no ano 1996.[7] A baralla muda a cartas ilustradas con lugares africanos, na que hai catro países africanos e trece valores numéricos, mais sen comodíns. Ademais nela hai cartas da Estrela de África e ladróns. No xogo lánzase unha carta máis alta sobre unha de menor valor no mazo para procurar unha ganancia. Os premios son diamantes e ferraduras e as penalizacións os ladróns. O paquete inclúe tamén instrucións para o solitario, que sempre se xoga sen ladróns.[23][24]

Videoxogos

[editar | editar a fonte]

Téñense realizado versións de Afrikan tähdestä para Android e para iOS,[25] así como xogos de ordenador para Commodore 64.

En 1985 publicouse a versión para Commodore 64, que é practicamente idéntica ao xogo de mesa.[26] A versión dixital foi desenvolvida por Otso Pakarinen e Jari Heikkinen co consentimento de Mannerla,[27] e publicada por AmerSoft. No xogo poden xogar un máximo de catro xogadores. Cun número de xogadores inferior o ordenador controla os outros xogadores, mais a intelixencia artificial é rudimentaria e nn representa un desafío para as persas. O mapa está dividido en segmentos, e o mundo sonoro consiste en efectos sonoros simples.[26] O xogo foi programado en PROMAL, e Pakarinen fixo a maior parte do traballo de programación. Todas as ferramentas de programación para crear gráficos e son foron feitas por eles mesmos, e por exemplo o algoritmo de desprazamento do taboleiro de xogo tivo que programarse directamente en código máquina. AmerSoft pagou aos programadores 10 000 marcos polo traballo, o que daquela era unha gran suma. No mercado o xogo non foi un éxito de vendas.[27]

Campionatos

[editar | editar a fonte]
O WeeGee-talo de Espoo en agosto de 2015.

O Campionato do Mundo de Afrikan tähti organizouse cinco veces, os anos 2005, 2007, 2009, 2011 e 2014. A primeira edición tivo lugar en Linnanmäki, Helsinqui, resultando gañadora Kristina, de oito anos. No torneo pode participar calquera persoa maior de catro anos. As primeiras roldas da edición de 2014 celebráronse en toda Finlandia, mentres que a final tivo lugar no WeeGee-talo de Espoo. Maxemilian Grönblom gañou dúas veces o campionato do mundo.[28][29]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "Afrikan tähti. Peliohjeet" (PDF) (en finés, sueco, inglés, e estoniano). Martinex. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de febreiro de 2016. Consultado o 19 de febreiro de 2022. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Saari, Mikko (14 de agosto de 2009). "Peliarvostelu: Afrikan Tähti" (en finés). Lautapeliopas. Consultado o 20 de febreiro de 2022. 
  3. 3,0 3,1 Alatalo, Inkeri; Karhumäki, Antti (3 de marzo de 2016). "Puoli seiskan klassikko: Afrikan Tähti" (en finés). yle.fi. Consultado o 19 de febreiro de 2022. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Laine, Pia (3 de decembro de 2007). "Afrikan tähden kääntöpuoli" (en finés). Maailman Kuvalehti. Archived from the original on 12 de setembro de 2011. Consultado o 20 de febreiro de 2022. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Kaseva, Tuomas (12 de xullo de 2006). "Kari Mannerla". Helsingin Sanomat (en finés). Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 22 de marzo de 2022. 
  6. "Afrikan Tähden isä Kari Mannerla on kuollut". Kaleva (en finés). 31 de xullo de 2006. Consultado o 22 de marzo de 2022. 
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 7,5 7,6 "Neljä Miljoonaa Afrikan Tähteä!" (PDF). Lelukauppias (en finés) (Suomen Leluyhdistys Oy): 13. marzo de 2013. Arquivado dende o orixinal (pdf) o 21 de outubro de 2014. Consultado o 22 de marzo de 2022. 
  8. 8,0 8,1 "Afrikan Tähti täyttää 50 vuotta". Kauppalehti (en finés). 12 de setembro de 2001. p. 42. Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2011. Consultado o 22 de marzo de 2022. 
  9. Vainio, Jyrki (28 de outubro de 2014). "Piirtäjän tunnustuksia: Afrikan tähti -pelin kansikuva Kirjamessuilla" (en finés). jivetoons.blogspot.fi. Consultado o 22 de marzo de 2016. 
  10. Salmi, Hannu (28 de xullo de 2009). "Afrikan tähden salaisuus". Turun Sanomat (en finés). Arquivado dende o orixinal o 22 de marzo de 2018. Consultado o 1 de maio de 2022. 
  11. Lindfors, Anne-Marie (2015). "West African Novels in Finnish Translation: Strategies for Africanised English" (pdf) (en inglés). Consultado o 29 de abril de 2022. 
  12. 12,0 12,1 Ylänen, Henna (11 de xaneiro de 2017). "Kansakunta pelissä. Nationalismi ja konfliktit 1900-luvun alun suomalaisissa lautapeleissä" (en finés). www.ennenjanyt.net. Arquivado dende o orixinal o 2 de febreiro de 2017. Consultado o 29 de abril de 2022. 
  13. Hiro, Jukka (10 de xaneiro de 2015). "Afrikan tähti valittiin maailmalla 1950-luvun huonoimmaksi peliksi". Helsingin Sanomat (en finés). Arquivado dende o orixinal o 11 de xaneiro de 2015. Consultado o 29 de abril de 2022. 
  14. "Afrikan tähti - pelilaudan kääntöpuoli" (PDF) (en finés). Museo Helinä Rautavaara. Arquivado (PDF) dende o orixinal o 25 de novembro de 2010. Consultado o 21 de marzo de 2022. 
  15. Kajava, Jukka (8 de setembro de 1998). "Cape Town -draama tänään sekä näyttämöllä että radiossa". Helsingin Sanomat (en finés). Consultado o 22 de marzo de 2022. 
  16. "Afrikan Tähti Deluxe" (en finés). Martinex. Consultado o 23 de marzo de 2022. 
  17. Lindén, Jean (16 de abril de 2021). "Afrikas stjärna fyller 70 år – leoparder ersätter rövare" (en sueco). Hufvudstadsbladet. Consultado o 23 de marzo de 2022. 
  18. "Afrikan Tähti -puinen" (en finés). Martinex. Consultado o 23 de marzo de 2022. 
  19. "Afrikan Tähti -matkapeli" (en finés). Martinex. Consultado o 23 de marzo de 2022. 
  20. "Afrikan Tähti -muistipeli" (en finés). Martinex. Arquivado dende o orixinal o 23 de marzo de 2022. Consultado o 23 de marzo de 2022. 
  21. "Afrikan Tähti -palapeli" (en finés). Martinex. Arquivado dende o orixinal o 20 de xaneiro de 2022. Consultado o 23 de marzo de 2022. 
  22. Saari, Mikko (8 de setembro de 2014). "Afrikan tähti: Retkikunnat -lautapelin arvostelu" (en finés). Lautapeliopas. Consultado o 23 de marzo de 2022. 
  23. Paquete do xogo de cartas de Afrikan tähti -co seu contido.
  24. "Afrikan Tähti korttipeli" (en finés). lautapelit.fi. Archived from the original on 23 de marzo de 2018. Consultado o 23 de marzo de 2022. 
  25. "Afrikan Tähti pädillä!" (en finés). Martinex. Arquivado dende o orixinal o 31 de marzo de 2016. Consultado o 28 de abril de 2022. 
  26. 26,0 26,1 Kuorikoski, Juho (2014). Sinivalkoinen pelikirja: Suomen pelialan kronikka 1984–2014 (en finés). Fobos. p. 22. 
  27. 27,0 27,1 Pärssinen, Manu (17 de setembro de 2014). "Näin syntyi Afrikan tähti kotitietokoneelle" (en finés). V2. Consultado o 28 de abril de 2022. 
  28. "Afrikan Tähden MM!" (en finés). Martinex. Arquivado dende o orixinal o 31 de outubro de 2014. Consultado o 20 de marzo de 2022. 
  29. "Afrikan Tähden maailmanmestaruus Raaseporiin". Yle Uutiset (en finés). 25 de outubro de 2009. Consultado o 20 de marzo de 2022. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Mannerla, Kari (2006). "Afrikan tähti". 100 sosiaalista innovaatiota Suomesta (en fii). Helsinqui: Itämerenkeskussäätiö. 
  • Simula, Timo (1998). T. Simula, ed. "Afrikan Tähti lumoaa sukupolvesta toiseen". Keräilyharvinaisuus: Aktiivikeräilijän lehti (en finés) 10 (2) (Kauvatsa). pp. 56–57.  0787-7102

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]