Afonso Sanches

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Afonso Sanches
D. Afonso Sanches, senhor de Albuquerque - The Portuguese Genealogy (Genealogia dos Reis de Portugal).png
D. Afonso Sanches, na Genealogia dos Reis de Portugal de António de Holanda
Nacemento 24 de maio de 1289
Lugar Cerva
Falecemento 2 de novembro de 1329 (40 anos)
Lugar Escalona
Nacionalidade Portugal
Ocupación Trobador e poeta
Fillos João Afonso de Albuquerque
editar datos en Wikidata ]

Afonso Sánchez, nado en Cerva (Vila Real) o 24 de maio de 1289 e finado en Escalona (provincia de Toledo) o 2 de novembro de 1329, foi un infante e trobador portugués, fillo bastardo do rei don Dinís.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Grazas a que raíña Isabel chamou a todos os fillos do rei para a corte, tivo unha educación de calidade e o aprecio do rei, que o recoñeceu como lexítimo o 8 de maio de 1304, e o nomeou mordomo da coroa, unha especie de primeiro ministro, provocando os celos do herdeiro da coroa, Afonso. Isto levou á guerra civil (1319-1324) e á tentativa de Afonso Sanchez de invadir Portugal dende Castela, onde estaba exiliado e tiña o título de señor de Albuquerque, construíndo un castelo no que Inés de Castro viviu varios anos.

Distinguiuse como trobador e consérvanse 15 cantigas súas, a maioría de amor, nun estilo moi culto.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]