21 de outubro
Aparencia
<< | Outubro | >> | ||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | |
7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 |
14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 |
21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 |
28 | 29 | 30 | 31 | |||
2024 Todos os días |
O 21 de outubro é o 294º día do ano do calendario gregoriano (295º nos anos bisestos). Quedan 71 días para finalizar o ano.
Acontecementos
[editar | editar a fonte]- 1032: en Roma, o xove Teofilatto (1008-1055) compra o papado e é nomeado Bieito IX.
- 1097: Comeza o asedio de Antioquia polo exército da primeira cruzada. Durará até o 2 de xuño do ano seguinte.
- 1805: Derrota da armada franco-española, dirixida polo almirante francés Pierre de Villeneuve, en Trafalgar, ante unha frota británica ao mando de Horatio Nelson.
- 1879: Thomas Alva Edison proba a primeira lámpada eléctrica que funciona eficazmente (dura acesa 13 horas e media ante de queimarse).
- 1936: Fusilados en Lugo os republicanos Rafael de Vega Barrera, Ramón García Núñez, Ángel Pérez López, José Ramos López e Perfecto Abelairas Castro.
- 1936: Fusilados en Tui os republicanos de Salceda de Caselas Gumersindo Rodríguez Casales e Venancio Pérez Lemos.
- 1945: En Francia, as mulleres exercen o dereito ao voto por vez primeira.
- 1959: Ábrese ao público en Nova York o Museo Guggenheim, nun edificio proxectado por Frank Lloyd Wright.
- 1969: Willy Brandt convértese no primeiro chanceler socialista da República Federal Alemá.
- 2001: Celebrase eleccións ao Parlamento galego (VI Lexislatura), nas que o Partido Popular de Galicia obtén a maioría absoluta.
- 2022 - Entra en vixencia a Lei de Memoria Democrática que substitúe á lei homónima aprobada en 2007.
Nacementos
[editar | editar a fonte]- 1675 - Emperador Higashiyama, 113° emperador do Xapón.
- 1728 - Conde de Floridablanca, político español.
- 1772 - Samuel Taylor Coleridge, poeta, crítico e filósofo inglés.
- 1790 - Alphonse de Lamartine, escritor, poeta e político francés.
- 1833 - Alfred Nobel en Estocolmo, químico e enxeñeiro sueco que institúe o Premio Nobel (m. 1896).
- 1838 - Francisco Romero Blanco, médico galego (m. 1918).
- 1841 - Segundo Moreno Barcia, avogado, profesor e político galego (m. 1909).
- 1917 - Dizzy Gillespie, músico (m. 1993).
- 1925 - Celia Cruz, cantante cubana (m. 2003).
- 1930 - Xosé Lodeiro, pintor galego (m. 1996).
- 1953 - Pedro Ignacio Wolcan Olano, bispo uruguaio.
- 1959 - Medos Romero, escritora galega.
- 1971 - Nick Oliveri, músico estadounidense.
- 1988 - Alexandra Fernández Gómez, política galega.
Mortes
[editar | editar a fonte]- 1422 - Carlos VI de Valois, rei de Francia (n. 1368).
- 1805 - Horatio Nelson, almirante británico, morto na batalla de Trafalgar (n. 1758).
- 1882 - Andrés Muruais, escritor e xornalista galego (n. 1851).
- 1886 - José Hernández, poeta, político e xornalista arxentino.
- 1931 - Arthur Schnitzler, médico e escritor austríaco.
- 1936 - Rafael de Vega Barrera, médico e político español (n. 1889).
- 1936 - Ramón García Núñez, gobernador civil de Lugo (n. 1906).
- 1936 - José Araújo Pérez, empresario e político galego (n. 1903).
- 1940 - Casimiro Gómez Cobas, empresario e filántropo galego (n. 1854).
- 1961 - Karl Korsch, filósofo marxista alemán.
- 1969 - Jack Kerouac, novelista e poeta estadounidense.
- 1978 - Anastas Mikoyan, bolxevique armenio e estadista soviético.
- 1980 - Hans Asperger, pediatra e psiquiatra austríaco (n. 1906).
- 1984 - François Truffaut, director de cine francés (n. 1932).
- 1997 - Aale Tynni, poeta e tradutora finlandesa (n. 1913).
- 2011 - Sultan bin Abdul Aziz, príncipe de Arabia Saudita (n. 1928).
Festas e celebracións
[editar | editar a fonte]- Día de Trafalgar no Reino Unido.
- Día das Rexións de Ultramar na República Popular da China.
Outros
[editar | editar a fonte]- Santoral: Santo Agatón de Exipto, eremita; San Bertoldo de Parma; Santa Celina, nai de San Remixio; Santa Celina de Meaux, virxe; Santa Córdula, mártir en Colonia; San Gaio e compañeiros, mártires en Nicomedia; San Gaspar, sacerdote; Santo Hlarión de Gaza, eremita; Santo Hilarión de Moglena, bispo; Santa Leticia; San Malco, monxe; Santa Odilia, mártir; Santa Úrsula e compaña, mártires; Santa Zaira.