José Ramos López

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Ramos López
Biografía
Nacemento1911 Editar o valor em Wikidata
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor em Wikidata
Morte21 de outubro de 1936 Editar o valor em Wikidata (24/25 anos)
Lugo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre , político Editar o valor em Wikidata

José Ramos López, nado en Buenos Aires en 1911 e finado en Lugo o 21 de outubro de 1936, foi un mestre e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi directivo en Lugo do Partido Obrero de Unificación Marxista (POUM),[1] participou nos mitins da Coalición Republicana nas eleccións de febreiro de 1936,[2][3] e foi delegado gobernativo no Courel nesas eleccións, onde foi agredido polo fiscal municipal recibindo un disparo.[4] Mestre nacional, aprobou a reválida en xuño de 1936.[5] Pertenceu a FETE-UGT, presidindo o acto de clausura do congreso provincial da FETE de Lugo en abril de 1936.[6]

Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en Lugo en consello de guerra acusado de traizón, foi condenado a pena de morte e multa mancomunada de 1,5 millóns de pesetas. Foi executado en Lugo o 21 de outubro de 1936 ás 18 h. con Ramón García Núñez, Perfecto Abelairas Castro, Ángel Pérez López e Rafael de Vega Barrera.[7] Para facerlle fronte ás responsabilidades políticas embargáronlle os seus bens.[8][9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Fernández (2022), p. 14
  2. El Pueblo Gallego, 6-2-1936, p. 10.
  3. El Pueblo Gallego, 12-2-1936, p. 10.
  4. El Pueblo Gallego, 15-2-1936, p. 11.
  5. La Voz de la Verdad, 18-6-1936, p. 6.
  6. El Pueblo Gallego, 11-4-1936, p. 12.
  7. El Progreso, 22-10-1936, p. 1.
  8. BOP Lugo, 10-12-1936, p. 2.
  9. BOP Lugo, 30-12-1936, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Fernández, Eliseo (2022). "A guerrilla no Courel: unha primeira achega". En Alejandro, Rodríguez Gutiérrez; Martínez Panizo, Laura. Federación de Guerrillas de León-Galicia. Santiago de Compostela: Edicións Positivas. pp. 13–30. ISBN 978-84-126233-9-0. 
  • Souto Blanco, María Jesús (1998). La represión franquista en la provincia de Lugo (1938-1940). Sada: Do Castro. ISBN 84-7492-891-5. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]