Aale Tynni
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (fi) Aale Maria Tynni 3 de outubro de 1913 Gatchina, Rusia (pt) |
| Morte | 21 de outubro de 1997 Helsinqui, Finlandia |
| Lugar de sepultura | cemiterio de Hietaniemi |
| Educación | Universidade de Helsinqui |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Poesía e tradución |
| Ocupación | tradutora, crítica, escritora, poetisa, dramaturga |
| Participou en | |
| 29 de xullo de 1948 | Xogos Olímpicos de 1948 |
| Familia | |
| Cónxuxe | Martti Haavio (1960–1973) Kauko Pirinen (1940–1960), divorcio |
| Fillos | Matti Pirinen ( |
| Pai | Kaapre Tynni |
| Irmáns | Martta Tynni |
| Premios | |
| Descrito pola fonte | The History of Nordic Women's Literature (en) Writers in Finland 1917—1944 (en) |

Aale Tynni, nada o 3 de outubro de 1913 e finada o 21 de outubro de 1997, foi unha poeta e tradutora finlandesa.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Aale Tynni naceu nunha pequena aldea ingria filla de Kaapre Tynni, profesor, xornalista e un dos líderes da causa ingria que en 1919 tivo que se refuxiar en Finlandia[1] coa súa familia. Aale estudou literatura na Universidade de Helsinqui pasando ao se licenzar a ensinar lingua finesa. Aínda que comezou a escribir xa de nena, o seu primeiro poemario apareceu en 1938 co título de Kynttiläsydän. Durante a segunda guerra mundial traballou axudando ás vítimas de bombardeos e en 1940 casou co historiador Kauko Pirinen e seguiu publicando poesía, onde reflicte os sentimentos da maternidade, Lähde ja matkamies (1943), Lehtimaja (1946), Soiva metsä (1947). En 1960 divorciou e casou co poeta Martti Haavio. Publicou literatura infantil como Kultainen aapinen (1957) pero sobre todo Tynni é coñecida polas súas traducións de poesía ao finlandés, en especial pola antoloxía Tuhat Laulujen Vuotta (1957) onde traduce poesía europea desde a Idade Media ata a época contemporánea, pero publicou moitos outros libros de tradución: poesía moderna francesa en Tulisen järjen aika (1962), eddas en Eddan sankarirunot (1980) e Eddan jumalrunot (1982), escolma poética de 21 premios nobel Kaksikymmentäyksi Nobel-runoilijaa (1976) e os sonetos de William Shakespeare (1965) e libros de poesía de William Wordsworth e William Butler Yeats.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Inkeri.com". Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2012. Consultado o 24 de decembro de 2012.