Hans Asperger
(década de 1940) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (de) Johann Hans Friedrich Karl Asperger 18 de febreiro de 1906 Viena |
| Morte | 21 de outubro de 1980 Viena |
| Lugar de sepultura | cemiterio de Neustift |
| Relixión | Católico romano |
| Educación | Universidade de Viena |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Pediatría |
| Ocupación | psiquiatra, profesor universitario |
| Empregador | Universidade de Viena |
| Membro de | |
| Profesores | Karl Kundratitz (en) |
| Familia | |
| Fillos | Maria Asperger-Felder |
| Premios | |
Hans Asperger, nado en Viena o 18 de febreiro de 1906 e finado o 21 de outubro de 1980, foi un pediatra e psiquiatra austríaco.
A síndrome de Asperger é nomeada así na súa honra. Asperger publicou a primeira definición da síndrome de Asperger en 1944. Identificou un patrón de comportamento e habilidades en nenos predominantemente percibida como "psicopatía autista", unha desorde de personalidade. O patrón incluía unha "falta de empatía, reducida capacidade para as relacións sociais, conversas, solitario, unha profunda atracción por intereses específicos e movementos desaxeitados". Asperger chamou aos seus pacientes "pequenos profesores" por causa do seu amplo coñecemento nos temas do seu interese. Asperger morreu antes de que a definición deste patrón fose debidamente recoñecida, en parte porque a súa obra foi escrita en alemán e polas escasas traducións. A primeira persoa en usar o termo "síndrome de Asperger" nun xornal científico foi a investigadora británica Lorna Wing. O seu artigo, titulado "Síndrome de Asperger: unha explicación clínica"[1] foi publicado en 1981, e desafiou o modelo previamente aceptado de autismo presentado por Leo Kanner.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Wing, L. (1981). Asperger's syndrome: a clinical account. Psychol Med, 11, 115–129.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Hans AspergerArquivado 07 de xaneiro de 2010 en Wayback Machine.