Segundo Moreno Barcia
Segundo Moreno Barcia | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 21 de outubro de 1841 |
Lugar de nacemento | Ribadeo |
Falecemento | 27 de abril de 1909 |
Lugar de falecemento | A Coruña |
Nacionalidade | España |
Ocupación | avogado e político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Segundo Moreno Barcia, nado en Ribadeo o 21 de outubro de 1841 e finado na Coruña o 27 de abril de 1909,[1] foi un avogado, profesor e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi profesor e, porteriormente director na Escola Naútica de Ribadeo.[2] Tamén foi avogado, comerciante, fundador e director do periódico local La Cuenca del Eo (1866-67). Defendeu a doutrina liberal e pertenceu á Xunta Revolucionaria de Ribadeo logo da caída do réxime isabelino. Liderou o federalismo e defendeu a descentralización rexional e a secularización dentro do Partido Republicano.
Nas eleccións xerais de 1873, foi elixido deputado polo distrito de Ribadeo (1873-1874). Foi un dos redactores, do Partido Federal de Galicia, do Proxecto de Constitución para o futuro Estado galego de 1887, aínda que xa o propuxera el catro anos antes.[3][4] En 1907 incorporouse a Solidaridad Gallega. Foi socio da Institución Libre de Enseñanza e un dos referentes do librepensamento e anticlericalismo coruñés.
Tamén foi masón, da logia Brigantina nº 24 da Coruña,[5] e xunto con Braulio F. Reino, foi un dos Grandes Mestres da Gran Logia Simbólica Galaica, de tendencia republicana federalista.[6]
Era tío de Augusto Barcia Trelles.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Moreno Barcia, Segundo". congreso.es. Consultado o 07-09-2018.
- ↑ Durán (1973), p. 33
- ↑ Mera, Manuel (23-08-2017). "A nación é o povo, sempre o foi". galiciahoxe.com. Arquivado dende o orixinal o 07-09-2018. Consultado o 07-09-2018.
- ↑ Villares, Ramón (2016-03-15). Historia de Galicia (en castelán). Editorial Galaxia. ISBN 978-84-9865-555-1.
- ↑ López Castillo (2014), p. 20
- ↑ Álvarez Lázaro (2005), p. 155
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Álvarez Lázaro, Pedro F. (2005). La masonería, escuela de formación del ciudadano (3ª ed.). Madrid: Universidad Pontificia de Comillas. ISBN 84-8468-175-0.
- Durán, J.A. (xullo/setembro 1973). "Agrarios del minifundio: los solidarios (1907-1912". REOP (Revista española de la opinión pública) (Centro de Investigaciones Sociológicas) (33): 23–110. JSTOR www.jstor.org/stable/40181964.
- López Castillo, Antonio (2014). "Trayectoria política de Augusto Barcia Trelles". En Fernández Amador, Mónica; Quirosa-Cheyrouze Muñoz, Rafael. Miradas al pasado reciente de la II República a la Transición. Almería: Universidad de Almería. pp. 17–30. ISBN 978-84-16027-73-6.
- Moreno González, Xoán Manuel. "MORENO BARCIA, Segundo" en Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- "Os inicios do laicismo escolar en Ferrol e A Coruña (1887-1906)" Ana Romero Masiá