Rafael de Vega Barrera
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1889 Zazuar, España |
| Morte | 21 de outubro de 1936 Lugo, España |
| Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo |
| 18 de setembro de 1931 – 9 de outubro de 1933 ← Manuel Portela Valladares Lexislatura: I lexislatura da Segunda República Española Circunscrición electoral: Lugo | |
| Actividade | |
| Ocupación | médico, político |
| Partido político | Partido Republicano Radical |
Rafael de Vega Barrera, nado en Zazuar (Burgos) en 1889 e finado en Lugo o de 21 de outubro de 1936, foi un médico e político español.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]
Era membro da masonaría. Traballou como cirurxián en Lugo, onde a miúdo operaba a xente humilde sen cobrar. Foi director do Hospital Municipal de Lugo, cidade na que proclamou a República desde o balcón da Casa do Concello. Nas eleccións a Cortes Constituíntes de 1931 foi elixido deputado pola provincia de Lugo polo Partido Republicano Radical.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 o 19 de xullo de 1936 organizou a resistencia na cidade de Lugo con José María Díaz Díaz-Villamil e Jacinto Calvo López. Foi detido polos militares sublevados, sufriu un simulacro de xuízo e foi fusilado na tapia do cemiterio de Lugo ás 18:00 horas do 21 de outubro de 1936 con José Ramos López, Perfecto Abelairas Castro, Ángel Pérez López e Ramón García Núñez.[1] Para facerlle fronte ás responsabilidades políticas embargáronlle os seus bens.[2][3] En 2024 anulouse o seu xuízo.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Progreso, 22-10-1936, p. 1.
- ↑ BOP Lugo, 10-12-1936, p. 2.
- ↑ BOP Lugo, 30-12-1936, p. 2.
- ↑ "O Goberno estatal anula o xuízo a Rafael de Vega, médico republicano asasinado en Lugo en 1936". Nós Diario. 7 de agosto de 2024.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rafael de Vega Barrera |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Barreiro, X. R. (coord.); Barreiro, X. R.; López, B.; Mínguez, X. L. (2003). "VEGA BARRERA, Rafael de la". Parlamentarios de Galicia. Biografías de deputados e senadores (1810-2003) II. Santiago de Compostela: Parlamento de Galicia/RAG. p. 76. ISBN 84-87987-27-3. doi:10.32766/rag.168.
- Souto Blanco, María Jesús (1998). La represión franquista en la provincia de Lugo (1938-1940). Sada: Do Castro. ISBN 84-7492-891-5.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Homenaxe a Rafael de Vega La Voz de Galicia, 21/10/2006 (en castelán).