Venancio Pérez Lemos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaVenancio Pérez Lemos
Biografía
Nacementoc. 1910 Editar o valor em Wikidata
Salceda de Caselas, España Editar o valor em Wikidata
Morte21 de outubro de 1936 Editar o valor em Wikidata (25/26 anos)
Tui, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncanteiro Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Venancio Pérez Lemos, nado en Salceda de Caselas cara 1910 e finado en Tui o 21 de outubro de 1936, foi un canteiro e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 organizou unha patrulla que se desprazou en auxilio das que se formaron no Porriño. Foi detido nos primeiros días de agosto con Gumersindo Rodríguez Casales por unha patrulla de falanxistas e gardas cívicos de Salceda de Caselas. Xulgados por rebelión militar en consello de guerra celebrado en Vigo o 12 de outubro, foron condenados a pena de morte. Foron executados en Tui o 21 de outubro de 1936.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]