16 de setembro
Aparencia
<< | Setembro | >> | ||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
1 | ||||||
2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
30 | ||||||
2024 Todos os días |
O 16 de setembro é o 259º día do ano do calendario gregoriano e o 260º nos anos bisestos. Quedan 106 días para finalizar o ano.
Acontecementos
[editar | editar a fonte]- 1320 - O bispo Berenguel de Landoria ordena o asasinato de once representantes dos burgueses de Santiago que acudiran a negociar con el ao Castelo da Rocha Branca en Padrón.
- 1810 - México independízase de España.
- 1933 - Galiza é recoñecida como nación polo Congreso de Nacionalidades Europeas, organismo da Sociedade de Nacións, predecesora da ONU.[1]
- 1973 - no estadio Chile (actualmente Estadio Víctor Jara, en Santiago de Chile), axentes da ditadura de Pinochet torturan e asasinan o cantautor Víctor Jara.
- 1975 - Papúa Nova Guinea independendízase de Australia.
- 1978 - Primeira Romaxe de crentes galegos no Pedregal de Irimia, onde nace o río Miño
- 1982 - Masacre nas localidades de Sabra e Chatila (Líbano).
Nacementos
[editar | editar a fonte]- 1387 - Henrique V, rei de Inglaterra (m. 1422).
- 1786 - Vicente Turnes del Río Maldonado, escritor e xornalista galego (m. 1865).
- 1851 - Emilia Pardo Bazán, intelectual, xornalista e escritora galega en lingua española (m. 1921).
- 1853 - Albrecht Kossel, médico alemán Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina en 1910 (m. 1927).
- 1858 - Andrew Bonar Law, político británico, primeiro ministro do Reino Unido (m. 1923).
- 1859 - Paulino Rodríguez Marquina, comerciante, xornalista e escritor galego (m. 1915).
- 1887 - Hans Arp, pintor, escultor e poeta francés (m. 1966).
- 1888 - Frans Eemil Sillanpää, escritor finlandés, Premio Nobel de Literatura en 1939 (m. 1964).
- 1893 - Alexander Korda (Sándor László Kellner), cineasta húngaro (m. 1956).
- 1893 - Albert Szent-Györgyi, fisiólogo húngaro, Premio Nobel de Medicina ou Fisioloxía en 1937 (m. 1986).
- 1904 - Xulián Magariños Negreira, avogado e escritor galego (m. 1934).
- 1924 - Lauren Bacall (Betty Joan Perske), actriz estadounidense (m. 2014).
- 1925 - B. B. King (Riley Ben King), cantante e guitarrista de blues estadounidense (m. 2015).
- 1927 - Peter Falk, actor estadounidense (m. 2011).
- 1934 - Ronnie Drew, cantante e compositor irlandés (m. 2008).
- 1934 - Víctor Manuel Vázquez Portomeñe, político galego.
- 1935 - Ramón Lorenzo Vázquez, lingüista e profesor galego.
- 1939 - Breyten Breytenbach, poeta e pintor francés de orixe surafricana.
- 1946 - Camilo Sesto (Camilo Blanes Cortés), cantante e compostitor español.
- 1947 - Clodio González Pérez, etnógrafo e historiador galego.
- 1952 - Mickey Rourke, actor estadounidense.
- 1973 - Alexander Vinocurov, ciclista casaco.
Mortes
[editar | editar a fonte]- 655 - Martiño I, papa da Igrexa católica (n. ?).
- 1380 - Carlos V, rei de Francia (n. 1342).
- 1394 - Clemente VII, primeiro antipapa do Cisma de Occidente (n. 1342).
- 1520 - Diego de Almagro o Mozo, conquistador español (n. 1520).
- 1736 - Daniel Gabriel Fahrenheit, físico alemán (n. 1686).
- 1782 - Farinelli (Carlo Broschi), cantante castrato italiano (n. 1705).
- 1824 - Lois XVIII, rei de Francia (n. 1755).
- 1893 - Manuel Pazo Rodríguez, político galego.
- 1932 - Ronald Ross, médico, matemático e zoólogo británico, Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina en 1902 (n. 1857).
- 1965 - Wenceslao González Garra, navieiro e político galego (n. 1888).
- 1970 - Pavl Evdokimov, teólogo ruso (n. 1901).
- 1973 - Víctor Jara (Víctor Lidio Jara Martínez), director de teatro, músico e cantautor chileno (n. 1932).
- 1974 - Silvio Santiago, escritor galego (n. 1903).
- 1977 - Maria Callas (Maria Anna Kalogeropoulos), cantante de ópera estadounidense de orixe grega (n. 1923).
- 1977 - Marc Bolan (Marc Feld), músico e cantante británico (n. 1947).
- 1980 - Jean Piaget, psicólogo experimental, filósofo, pedagogo e biólogo suízo (n. 1896).
- 2005 - Gordon Gould, físico estadounidense (n. 1920).
- 2017 - Bautista Álvarez, político galego (n. 1933).
Festas e celebracións
[editar | editar a fonte]- Día Internacional da Preservación da Capa de ozono [2]
Outros
[editar | editar a fonte]- Santoral: Santos Roxerio, Cornelio e Cipriano.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Vieiros: Galiza Hoxe - Setembro de 1933: Galiza, unha nación en Europa". www.vieiros.com. Consultado o 2023-01-21.
- ↑ "Día Internacional de la Preservación de la Capa de Ozono. 16 de septiembre" (en castelán). Consultado o 2022-11-20.