Manuel Pazo Rodríguez
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | valor descoñecido Ouzande, España |
Morte | 16 de setembro de 1893 A Estrada, España |
Alcalde da Estrada | |
1869 – 1872 | |
Alcalde da Estrada | |
1840 – 1842 – Ramón María Otero → | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Familia | |
Fillos | Serafín Pazo Cumbraos |
Manuel do Pazo Rodríguez, nado en Ouzande (A Estrada) e finado no mesmo concello o 16 de setembro de 1893[1], foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Antonio do Pazo Porto. Foi o segundo alcalde da Estrada. En 1840 foi deputado provincial e xuíz de paz. Entre 1841 e 1842 foi procurador e deputado. Volveu ser alcalde dende o 1 de xaneiro de 1869 até o 1 de febreiro de 1872. Liberal e progresista, participou no levantamento de 1846 organizando unha Xunta e un Concello revolucionario na Estrada, en colaboración co seu fillo Serafín Pazo Cumbraos, estudante en Santiago.
Predecesor: Joaquín María Gómez |
Alcalde da Estrada 1840 - 1842 |
Sucesor: Ramón María Otero |
Predecesor: Benigno Fraga Vázquez |
Alcalde da Estrada 1869 - 1872 |
Sucesor: José María Nieto |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Gaceta de Galicia, 17-9-1893, p. 2.