Hans Arp

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hans Arp
Escultura de Hans Arp en Caracas

Jean Arp, coñecido tamén como Hans Arp, nado en Estrasburgo en 1886 e finado en Basilea en 1966, foi un pintor, escultor e poeta francés dadaísta e logo surrealista.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Chamado Hans ao nacer, despois do retorno de Alsacia a Francia despois da Primeira Guerra Mundial, a lei francesa obrigou a que o seu nome mudase a Jean.
Foi un dos fundadores do movemento Dada en Zürich en 1916. E en 1925 o seu traballo aparece na primeira exhibición do grupo surrealista na Galería Pierre de París.

Arp combina as técnicas do automatismo e as oníricas desenvolvendo unha iconografía de formas orgánicas, denominada escultura biomórfica, no que se trata de representar o orgánico como principio formativo da realidade.