Daniel Gabriel Fahrenheit

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Daniel Gabriel Fahrenheit
Fahrenheit small.jpg
Daniel Fahrenheit
Datos persoais
Nacemento 24 de maio de 1686
Lugar Gdańsk, República das Dúas Nacións
Falecemento 16 de setembro de 1736 (50 anos)
Lugar A Haia, Países Baixos Austríacos
Actividade
Campo Física e enxeñaría
Contribucións e premios
Coñecido por Creador da escala Fahrenheit e do termómetro de mercurio
Lugar de Nacemento de Fahrenheit.

Gabriel Fahrenheit, nado en Gdańsk o 24 de maio de 1686 e finado na Haia o 16 de setembro de 1736, foi un físico alemán de quen toma o seu nome a escala Fahrenheit de temperatura.

Autor de numerosos inventos, entre os que caben citar os termómetros de auga (1709) e de mercurio (1714), a achega teórica máis relevante de Fahrenheit foi o deseño da escala termométrica que leva o seu nome, aínda hoxe a máis empregada nos Estados Unidos e ata fai moi pouco tamén no Reino Unido, ata a adopción por este país do sistema métrico decimal.

Biografía[editar | editar a fonte]

Fahrenheit permaneceu a maior parte da súa vida nos Países Baixos. O falecemento dos seus pais, comerciantes acomodados, cando contaba con tan só 15 anos de idade, propiciou o seu traslado a Ámsterdan, para a época un dos centros máis activos da fabricación de instrumentos científicos. Tras unha viaxe de ampliación de estudos por Alemaña e Inglaterra, así como unha estancia en Dinamarca, en cuxa capital coñeceu a Ole Roemer (1708), foi soprador de vidro en Ámsterdan e comezou a construír instrumentos científicos de precisión.

Escalas termométricas de Celsius , Fahrenheit e nadatorio[editar | editar a fonte]

Fahrenheit deseñou unha escala empregando como referencia unha mestura de auga e sal de cloruro de amonio a partes iguais, cuxa temperatura de conxelación é máis baixa cá da auga e a de ebulición máis alta. Os valores de conxelación e ebulición da auga convencional (o 0 e o 100 da escala Celsius) quedaron fixados en 32 °F e 212 °F, respectivamente. En consecuencia, ao abarcar un intervalo máis amplo, a escala Fahrenheit permite maior precisión cá centígrada á hora de delimitar unha temperatura determinada. En concreto, 180 grados Fahrenheit (212-32) corresponden a 100 grados Celsius; é dicir, ambas as dúas escalas están nunha relación de 9 a 5 e o 0 °C correspóndese con 32 °F; polo tanto, a conversión resulta: F=9C/5 32, C=(F-32)5/9

Publicou estes resultados en 1714, en Acta Editorum. Por entón os termómetros empregaban como líquido de referencia o alcohol e, a partir dos coñecementos que adquirira Roemer da expansión térmica dos metais, Fahrenheit puido substituílo ventaxosamente por mercurio a partir de 1716.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]