Camilo Sesto
(2017) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (es) Camilo Blanes Cortés 16 de setembro de 1946 Alcoi |
| Morte | 8 de setembro de 2019 Madrid |
| Causa da morte | insuficiencia renal |
| Lugar de sepultura | Alcoi Cemetery (en) Alcoi |
| Outros nomes | Camilo Sesto |
| Actividade | |
| Ocupación | cantante, actor, pintor, produtor musical, compositor, cantautor, cantante de pop |
| Período de actividade | 1964 |
| Membro de | |
| Xénero artístico | Balada romántica, música pop e música rock |
| Tesitura | Tenor |
| Instrumento | Voz, guitarra, batería e baixo |
| Selo discográfico | Ariola Records Universal Music Group Bertelsmann Music Group Sony Music Entertainment |
| Familia | |
| Pais | Eliseo Blanes |
| Premios | |
| Descrito pola fonte | Camilo Sesto, Spain’s Romantic Hitmaker, Is Dead at 72 (en) |
| Sitio web | camilosestooficial.com |
As referencias deste artigo non teñen un formato correcto. Podes colaborar editándoas como se indica nesta páxina. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Camilo Blanes Cortés, máis coñecido artisticamente como Camilo Sesto, nado en Alcoi (Provincia de Alacant) o 16 de setembro de 1946 e finado o 8 de setembro de 2019, foi un compositor, cantante e produtor musical español.
A súa carreira acadou recoñecemento internacional nas décadas de 1970 e 1980. Está considerado un dos artistas máis influentes e unha das principais voces da música en español. As súas vendas estimadas superan os 100 millóns de discos en todo o mundo, e tivo 52 sinxelos número un e 18 cancións na lista LOS40 durante 52 semanas.[1]
Ademais da súa faceta como intérprete, destacou como compositor e produtor para outros artistas como: Miguel Bosé, Ángela Carrasco, Sergio Fachelli, Lani Hall, José José, Charytín, Lucía Méndez, Francisco, Manolo Otero, Audrey Landers, David Bustamante, entre outros.[2]
As súas cancións foron versionadas por artistas de moi diversas nacionalidades e en diferentes idiomas ao longo do tempo; tamén cantou e gravou en español, inglés, italiano, portugués, alemán, valenciano e xaponés.[3]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Era fillo de Eliseo Blanes e Joaquina Cortés, procedente dunha familia humilde. Iniciouse no mundo da música no coro do seu colexio. A mediados da década de 1960 formou parte do grupo pop Los Dayson, cantando en vodas e bautizos pola comarca, interpretando cancións de The Beatles, Bee Gees ou o Dúo Dinámico. Logo de editar un disco, en 1965 viaxan a Madrid para participar no concurso de Televisión Española Salto a la Fama, onde interpretaron "Flamenco", de Los Brincos. Camilo Sesto quedou na capital tras esta actuación, tocando instrumentos e facendo coros para outros músicos. En 1966 Sesto pasou a formar parte de Los Botines, cos que en 1967 participou na rodaxe da versión cinematográfica española de El flautista de Hamelín, protagonizada por Miguel Ríos.[4]
Despois de facer o servizo militar en Almería, e cantar coros para Juan Pardo, en 1970 comezou a súa carreira en solitario como "Camilo Sexto" (con "x"). O propio Juan Pardo produciu o seu primeiro disco, con dous temas: "Llegará el verano" e "Sin dirección". En 1971 modifica o seu nome artístico, pasando ao definitivo "Camilo Sesto". Aparece na Televisión Española como solista interpretando "Buenas noches", adaptación pop da célebre canción de berce de Johannes Brahms.
Na década de 1970 publicou varios discos, e participou en concursos como Canción 71, Festival da Canción do Atlántico en Puerto de la Cruz, o II Festival OTI da Canción ou o Festival de Viña del Mar. En 1975 estreou Jesucristo Superstar no teatro Alcalá-Palace de Madrid, obra orixinal de Andrew Lloyd Webber.
Proseguiu a década de 1980 con numerosas actuacións nos EUA e en Latinoamérica, ao tempo que seguiu compoñendo novos temas e editando discos. Na década de 1990 reduciu notablemente o seu número de actuacións por mor de problemas hepáticos. En 2000 gravou o musical de The Phantom of the Opera, de Andrew Lloyd Webber, se ben non se puido chegar a publicar o CD. Coa chegada de Operación Triunfo, compuxo varios temas para David Bustamante, e en 2002 lanzou o álbum Alma, co sinxelo Mola mazo.
Discografía
[editar | editar a fonte]Grupos
[editar | editar a fonte]- 1964: Los Dayson
- 1966: Los Botines
Álbums
[editar | editar a fonte]- 1970: Llegará el verano/Sin dirección
- 1971: Algo de mí
- 1972: Sólo un hombre
- 1973: Algo más
- 1974: Camilo
- 1975: Amor libre
- 1975: Jesucristo Superstar
- 1976: Memorias
- 1977: Rasgos
- 1977: Entre amigos
- 1978: Sentimientos
- 1979: Horas de amor
- 1980: Amaneciendo
- 1981: Más y más
- 1982: Camilo (En inglés)
- 1982: Con ganas
- 1984: Amanecer/84
- 1985: Tuyo
- 1986: Agenda de baile
- 1991: A voluntad del cielo
- 1992: Huracán de amor
- 1994: Amor sin vértigo
- 2002: Alma (Isabel Patton)
- 2003: Alma (Segunda edición) (Andrea Bronston)
- 2010: Todo de mí (En directo os días 1 e 2 de outubro en Madrid)
Recompilacións
[editar | editar a fonte]- 1982: Muy Personal
- 1997: Camilo Superstar
- 2004: Camilo Sesto Nº 1
- 2016: Camilo 70 (70 anos de Camilo Sesto)
- 2018: Camilo Sinfónico
- 2022: Camilo Forever
- 2025: Camilo Love Sound Typhoon (Osaka '85 En concerto)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Biografía de Camilo Sesto" (en castelán). LaFonoteca. Consultado o 2 de xullo de 2026.
- ↑ "Camilo Sesto, el ídolo romántico español" (en castelán). The New York Times. 9 de setembro de 2019. Consultado o 2 de xullo de 2026.
- ↑ "Camilo Sesto hubiera sido Premio Latino de Oro a la trayectoria" (en castelán). Premios Latino. Consultado o 2 de xullo de 2026.
- ↑ "10 cosas que no sabías de Camilo Sesto, el ídolo de la música melódica en español de los 70 y 80" (en castelán). Guioteca. 14 de abril de 2021. Consultado o 2 de xullo de 2026.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Camilo Sesto |