Breyten Breytenbach
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 16 de setembro de 1939 Robertson |
| Morte | 24 de novembro de 2024 París |
| Educación | Universidade de Cidade do Cabo - Belas Artes Michaelis School of Fine Art |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Actividade literaria, visual art activity (en) |
| Ocupación | poeta, litógrafo, activista político, artista visual, ensaísta, escritor, pintor, activista anti-apartheid |
| Período de actividade | 1959 |
| Empregador | Universidade de Cidade do Cabo |
| Movemento | Sestigers |
| Familia | |
| Irmáns | Jan Breytenbach Cloete Breytenbach |
| Premios | |
| |
| Descrito pola fonte | Dictionary of African Biography, Africa: An Encyclopedic Reference, (vol:1) |
Breyten Breytenbach, nado en Bonnievale, Suráfrica, o 16 de setembro de 1939 e finado en París o 24 de novembro de 2024,[1] foi un escritor en afrikaans e inglés e pintor surafricano con nacionalidade francesa.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou Belas Artes na Universidade de Cidade do Cabo, onde entrou no grupos de oposición ao apartheid. A comezos da década de 1960 marcha a París, e ao casar cunha francesa de orixe vietnamita non se lle permitiu regresar por infrinxir a Lei de Prohibición de Matrimonios Mixtos (1949) e a Lei de Inmoralidade (1950).
En Francia foi un dos fundadores de Okhela, un grupo de resistencia contra o apartheid no exilio. Nunha viaxe ilegal a Suráfrica en 1975 foi arrestado e condenado a nove anos de prisión por alta traizón. Liberado en 1982 debido á intervención internacional, regresou a París e obtivo a nacionalidade francesa.
A obra de Breytenbach inclúe numerosos títulos de poesía, novelas e ensaios, moitos escritos en afrikaans e outros publicados orixinalmente en inglés. Era irmán de Jan Breytenbach, o fundador das forzas especiais surafricanas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Le peintre et poète sud-africain Breyten Breytenbach est mort". Franceinfo (en francés). 2024-11-24. Consultado o 2024-11-24.