Comisións Obreiras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "CCOO")
Comisións Obreiras (CC.OO.)
Sindicato Traballador
Logotipo de Comisiones Obreras.svg
Dirixentes e organización
Líder Ignacio Fernández Toxo
Filiación internacional Confederación Europea de Sindicatos
Confederación Sindical Internacional
Historia
Fundación 1976
Posicións políticas
Ideoloxía Comunismo
Socialismo democrático
Republicanismo
Internacionalismo
Outros datos
Sede C/Fernández de la Hoz, 12. 28010 Madrid España España
Páxina web ccoo.es
1 Vinculado orixinariamente ao PCE

A Confederación Sindical de Comisións Obreiras (CCOO) é un sindicato español, en número de persoas afiliadas e por delegados elixidos nas eleccións sindicais.

Fundouse en 1976 como confederación das diferentes Comisións Obreiras que existían na clandestinidade. Nas súas orixes o sindicato estaba profundamente ligado ao Partido Comunista, sendo moi habitual a dupla militancia no PCE e nas Comisións Obreiras clandestinas. Porén, nos estatutos a Confederación Sindical de CCOO defínese como independente de calquera partido. Actualmente o seu secretario xeral é o galego Ignacio Fernández Toxo.

En Galiza traballa so a denominación Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia, fundado en 1978, e o seu secretario xeral é Xosé Manuel Sánchez Aguión.

Historia[editar | editar a fonte]

Sedes de CC.OO. e outros sindicatos en Tarragona.

Após a Guerra Civil Española (1936-1939), prohibíronse os partidos políticos e disolvéronse os sindicatos, cuxos militantes foron vítimas da represión do novo rexime ditatorial. Porén, os problemas laborais non desapareceron xunto cos sindicatos, e en 1947 tivo lugar en Biscaia a primeira folga do franquismo.

Poucos anos despois, na década dos 50, os sindicatos comezaron a organizarse na clandestinidade, e naceron as primeiras 'comisións' de traballadores e traballadoras. Tiñan carácter 'espontáneo' e estaban impulsadas polo PCE, movementos cristiáns obreiros e outros colectivos antifranquistas, constituíndo os xermolos das Comisións Obreiras.

Nos anos 60 as CCOO eran xa un movemento con certa organización e comezaron a infiltrarse no sindicalismo vertical, o único permitido no réxime. Así, traballadoras e traballadores que clandestinamente militaban nas Comisións Obreiras formaban parte das listas 'oficiais' ás eleccións sindicais, logrando importantes triunfos nas de 1966.

Porén, o ano seguinte as CCOO foron declaradas "subversivas e ilícitas", polo que os seus membros foron perseguidos e represaliados, con preto de 9.000 condenas ditadas no período 1966-1977 polo Tribunal de Orde Pública. Ademais, diferentes declaracións de estado de excepción, sobre todo entre 1969 e 1971, acabarían na detención e tortura de moitos dirixentes obreiros. Cabe sinalar tamén o Proceso 1001, mercé ao cal foron condenados a varios anos de cárcere os membros da Coordinadora Nacional de CCOO [1].

En 1975, coa morte de Francisco Franco, o réxime ditatorial comeza a desintegrarse e xorden presións para lograr a legalización dos diferentes partidos e das centrais sindicais. O Secretariado da Coordinadora Xeral de CCOO decidiu celebrar a Asemblea Xeral de CCOO en Madrid os días 27, 28 e 29 de xuño de 1976, pero as autoridades prohibírono.

Con todo, a dirección do sindicato decidiu celebrar clandesetinamente a asemblea en Barcelona o 11 de xullo do mesmo ano. Constatada a imposibilidade de crear un sindicato unitario, decidiuse a creación da Confederación Sindical de Comisións Obreiras. O 27 de abril de 1977, logo da legalización dos partidos políticos, legalizáronse os sindicatos, co que CCOO puido constituírse xuridicamente. O primeiro congreso do sindicato foi en xuño de 1978e Marcelino Camacho resultou electo secretario xeral.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El final de la dictadura, de Alberto Sabio e Nicolás Sartorius.Consultado o 6 de febreiro de 2010

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]