Xosé Tomás

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaXosé Tomás

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento26 de outubro de 1971 Editar o valor em Wikidata (52 anos)
Betanzos, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoIlustración, desenhar (pt) Traducir, Humor, lingua inglesa, language education (en) Traducir e administração escolar (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Galicia Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónilustrador , creador de banda deseñada , profesor de ensino secundario , autor de cómics , debuxante , director de escola Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Páxina webxosetomas.es Editar o valor em Wikidata
Facebook: xosetomas Tebeosfera: tomas_teijo_xoseEditar o valor em Wikidata


Xosé Tomás Díaz Teijo, coñecido como Xosé Tomás, nado en Betanzos[1] o 26 de outubro de 1971, é un ilustrador, guionista, humorista gráfico e profesor galego (catedrático de ensino medio).[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Filoloxía Inglesa na Universidade de Santiago de Compostela. Comezou a súa tese de doutoramento sobre o papel interventor do ilustrador nos álbums infantís ilustrados.[3] É catedrático de inglés de ensino secundario no CPI Manuel Suárez Marquier do Rosal[4], do que tamén é director.[5]

A maioría da súa obra sitúase na ilustración infantil e xuvenil, onde traballou para editoriais como Edicións Xerais de Galicia, Editorial Galaxia, Anaya, Edebé, Rodeira, Baía Edicións, Parramón, Edicións Embora, Bromera ou Editorial Planeta. Ten feito viñetas cómicas para La Voz de Galicia e humor gráfico en Diario de Pontevedra/El Progreso, no Nós Diario, e nas revistas Tempos Novos, Revista Galega de Educación, Plis-Plas (Radio Galega). Traballou tamén o cartelismo didáctico con traballos para a Xunta de Galicia, a Universidade da Coruña, deputacións, concellos e outras entidades. Participou nas dúas etapas de Golfiño,[6] realizando pasatempos e as series Animalia e Luzbell. Conduciu diferentes obradoiros[7] sobre BD e expuxo obra en mostras do Museo do Humor de Fene[8], ou no Salón do Cómic Viñetas desde O Atlántico da Coruña (no que foi autor galego convidado en 2018).

En 2009 participou con cómic no Proxecto Terra para o COAG[9]. Tamén colaborou nos números da serie Preventigirl do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral.[10]

En 2009 participou na Feira do Libro da Habana, dentro da delegación da Xunta de Galicia. En 2010 deu un curso de ilustración a profesionais locais en Abuja (Nixeria), convidado pola embaixada de España[11], en colaboración con editoriais da cidade. En 2012 impartiu un relatorio no congreso de IBBY en Londres, convidado pola Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (subsección do IBBY). En 2013 creou, xunto con Biblos Clube de Lectores, os obradoiros de ilustración e banda deseñada BIBLOS. En 2014 foi seleccionado pola Xunta de Galicia e a AGPI como ilustrador convidado á feira do libro de Frankfurt.

Publicacións[editar | editar a fonte]

Libros ilustrados por Xosé Tomás[editar | editar a fonte]

O escritor Manuel Guisande achegou á literatura infantil de Galicia, xunto co ilustrador Xosé Tomás, un personaxe entrañable, o paxaro "Rodribico": unha colección de contos editada en 2010 por Baía Edicións e que foi traducida ó castelán[21] e ó portugués.[22]

En castelán[editar | editar a fonte]

Materiais multimedia[editar | editar a fonte]

  • Flis-fli-ris-flas CDRom (Galaxia), www.cooperativasdegalicia.com
  • A Estrada Dixital (Concello da Estrada)
  • Portal Contidos Educativos (Consellería Educación - Xunta de Galicia)
  • Dicionario Visual Interactivo (Consellería de Educación - Xunta de Galicia)
  • Guía de primeiros auxilios (061)
  • Prevenio (Protección Civil – Galicia)
  • A Guerra das Bruxas (Edebé-Rodeira)
  • Visita o teu Campus CDRom (Universidade da Coruña)
  • CaminANDO (DGT - Ministerio del Interior)

Premios[editar | editar a fonte]

  • En 2010 a Asociación de Editores de Galicia concedeulle o Premio Isaac Díaz Pardo ao mellor álbum ilustrado do ano pola serie Rodribico.[25]
  • En 2012 e en 2014 recibiu o Premio Fervenzas Literarias ao mellor ilustrador do ano.
  • En 2013 foi Premio Frei Martín Sarmiento por Vou ter un irmán!!!, con María Solar, e en 2016 por A Burra Ramona, con Paula Carballeira.
  • En 2016 o Concello de Betanzos concedeulle o Premio "Garelo" de Cultura, máxima distinción no municipio.
  • En 2017 o Clúster Galego da Comunicación concedeulle o Premio Paraguas ao mellor libro infantil do ano.
  • En 2021 foi Premio Frei Martín Sarmiento por Animalia 2. Branco.
  • En 2021 finalista dos Premios Follas Novas do Libro Galego, por Pequeña historia de A Coruña.[26]
  • Foi membro de varios xurados:
    • XII Premio de Banda Deseñada "Castelao" - 2018 (Deputación da Coruña).
    • XXV Concurso de Humor Gráfico “Curuxa do humor” 2021 do Museo do Humor de Fene.
    • Premio Nacional de Ilustración 2022.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "autor/a A. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-09-05. 
  2. "Autores - Tomás, Xosé". baiaedicions.gal. Arquivado dende o orixinal o 03 de xuño de 2021. Consultado o 2021-06-03. 
  3. "XOSÉ TOMÁS. Ilustración, banda deseñada". DIVERXE. obradoiros creativos para centros de ensino. Consultado o 2019-09-05. 
  4. "Xosé Tomás". Vinetas desde o Atlántico. A Coruña. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2019. Consultado o 2019-09-05. 
  5. "Persoal do centro". edu.xunta.gal. Arquivado dende o orixinal o 29/04/2019. Consultado o 07/08/2019.  Arquivado 29/04/2019, en Wayback Machine.
  6. "Xosé Tomás Teijo". tebeosfera.com. 
  7. "Obradoiro de ilustración". culturagalega.gal. Consultado o 07/09/2019. 
  8. "Xosé Tomás". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-09-05. 
  9. Mauleón, Amaia. "Arquitectos de Primaria". www.farodevigo.es (en castelán). Consultado o 2019-09-07. 
  10. "Xosé Tomás Teijo - Ficha de autor en Tebeosfera". www.tebeosfera.com. Consultado o 2019-09-07. 
  11. "Terminamos el curso en Abuja, Nigeria", maio 2010 (en castelán).
  12. "Tolos (2008) Álbum. BANDA DESEÑADA.GALEGA". culturagalega.gal. Consultado o 2019-09-05. 
  13. "Nómades". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-09-05. 
  14. "Manual de escola. Eduga". www.edu.xunta.gal. Consultado o 2019-09-05. 
  15. ""Animalia 1. Verde", de Xosé Tomás. CRTVG". www.crtvg.es. Consultado o 2019-09-05. 
  16. "Xosé Tomás publica el segundo tomo de su cómic «Historias de Betanzos»". La Voz de Galicia (en castelán). 2015-05-28. Consultado o 2019-09-07. 
  17. "Crítica de «O souto escuro e perigoso», de Miguel Vázquez Freire, en Trafegando ronseis. Blog Xerais". blog.xerais.gal. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2019. Consultado o 2019-09-05.  Arquivado 24 de setembro de 2019 en Wayback Machine.
  18. "Ficha do libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-09-05. 
  19. Nicolás, Ramón. "Verdedades, de Yolanda Castaño". cadernodacritica. Consultado o 07/09/2019. 
  20. Nicolás, Ramón. "Universo Pitágoras, de Rocío Leira Castro". cadernodacritica. Consultado o 07/09/2019. 
  21. "Los más pequeños ya pueden leer a Rodribrico en castellano". Arquivado dende o orixinal o 14 de abril de 2015. Consultado o 09 de abril de 2015.  Arquivado 14 de abril de 2015 en Wayback Machine.
  22. "Rodribico tamén en castelán e portugués – Editorial". Consultado o 2019-09-06. 
  23. "guía completa.pdf" (PDF). dgt.es. Consultado o 07/09/2019. 
  24. "'El tebeo mágico' plasma la fascinación infantil por el cómic". Diario de Cádiz (en castelán). 2018-05-08. Consultado o 2019-09-05. 
  25. "Mes de la ilustración en la Biblioteca de Galicia Xosé Tomás Cidade da Cultura". www.cidadedacultura.gal. Consultado o 2021-06-03. 
  26. "Xosé Tomás Axenda cultural AELG::". Consultado o 2021-06-03. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]