Daniele Bennati

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Daniele Bennati
Daniele Bennati 02.jpg
Información persoal
Nacemento Daniele Bennati
24 de outubro de 1980 (33 anos)
Arezzo, Italia
Nacionalidade Italia Italia
Páxina web oficial
Equipo
Último equipo Lampre-Fondital
Equipo(s) Pro
2002-2003
2003
20042005
2006-
Acqua e Sapone
Domina Vacanze-Elitron
Phonak
Lampre-Caffita
Lampre-Fondital
Principais vitorias

Daniele Bennati, nado en Arezzo, Italia, o 24 de setembro de 1980, é un ciclista italiano, especializado en espríns.

Traxectoria deportiva[editar | editar a fonte]

Daniele Bennati

Faise profesional en 2002 ao fichar polo equipo italiano Acqua e Sapone, e nese mesmo ano obtén a súa primeira vitoria, unha tirada da Volta a Austria. Ao ano seguinte ficha polo conxunto Domina Vacanze-Elitron, e consegue tamén dúas tiradas menores, unha na Volta ao Mediterráneo e outra na Volta a Polonia.

En 2004 ficha polo conxunto suízo do Phonak Hearing Systems, pero bota gran parte da tempada enfermo e non obtén ningunha vitoria. Ao ano seguinte ficha xa polo Lampre-Coffita, e nesa tempada é convocado pola selección italiana para acudir aos mundiais de ciclismo en estrada. Despois vence na Volta á Toscana, en tres tiradas da Volta a Alemaña e en dúas da Volta a Polonia. Ademais, queda segundo, por detrás de Erik Zabel, na París-Tours.

E 2006, co equipo mudado a Lampre-Fondital, vence no Memorial Marco Pantani e na Volta ao Piemonte, ademais de conseguir unha tirada na Volta á Comunidade Valenciana, unha na Volta a Cataluña e dúas máis na Volta a Polonia, entre outras carreiras menores. En 2007 consegue dúas vitorias de tirada no Tour de Francia, con chegada á vila de Los Sarrasins e a final en París e unha na Volta a España.

Características[editar | editar a fonte]

De amarelo na meta (Santiago) da 2ª tirada da Vuelta a España

É un corredor alto, de 1,84 m e cun peso de 73 kg, especialista en espríns e particularmente naqueles onde non participan demasiados corredores.

Principais vitorias[editar | editar a fonte]

  • 1 tirada no Tour de Francia 2007
  • 1 tirada na Vuelta 2007, a tirada con saída e chegada en Vigo.
  • 5 tiradas na Volta a Polonia, en 2003, 2005 e 2006
  • 3 tiradas na Volta a Alemaña 2005
  • O Memorial Marco Pantani do ano 2006
  • A Volta ao Piemonte en 2006
  • 1 tirada da Volta a Cataluña en 2006
  • 4 tiradas da Volta á Comunidade Valenciana en 2006 e 2007.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]