Luarca
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Luarca-Ḷḷuarca | |
|---|---|
| Vista panorámica | |
| Concello | Valdés |
| Comunidade autónoma | Asturias |
| Área | 5,84 km² |
| Poboación | 5.406 hab. (2006) |
| Densidade | 925,68 hab./km² |
| Entidades de poboación | 8 |
Luarca (en asturiano Ḷḷuarca) é unha parroquia e vila do concello de Valdés, no Principado de Asturias. Ten unha poboación de 5.406 habitantes[1] repartidos en 5,84 km² e case integramente na vila homónima, excepto 892 habitantes que poboan o resto de barrios da parroquia.
Nesta parroquia atópase a vila de Luarca, capital do concello de Valdés. Está situada a 90 km de Oviedo, capital do Principado. O seu templo parroquial está adicado a Santa Olaia.
É unha localidade de paso do Camiño de Santiago e conta cun albergue de peregrinos, situado en Almuña, a uns dous quilómetros da vila de Luarca.
Índice |
Poboacións [editar]
- Almuña
- Vilar de Luarca
- Fontouria
- Luarca
- Portizuolu
- O Chano
- Raiceo