Damiano Cunego
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Damiano Cunego en 2006.
Damiano Cunego, nado o 19 de setembro de 1981 en Cerro Veronese, preto de Verona, é un ciclista italiano, profesional dende 2002.
A súa especialidade son as etapas de montaña e as carreiras clásicas dun día, aínda que adoita loitar polos postos de honra nas carreiras de 1 ou 3 semanas nas que participa. Ten gañado o Giro de Lombardía 3 veces e a Amstel Gold Race 1 vez entre outras vitorias salientables. En 2004 acadou a vitoria no Giro de Italia con só 22 anos, e en 2008 foi medalla de prata no campionato mundial de ciclismo en ruta.
Índice |
[editar] Participacións nas Grandes Voltas
| Carrera | 2003 | 2004 | 2005 | 2006 | 2007 | 2008 | 2009 | 2010 | 2011 |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Giro de Italia | 34º | 1º | 18º | 4º | 5º | - | 19º | 11º | - |
| Tour de Francia | - | - | - | 11º | - | Ab. | - | 29º | 7º |
| Vuelta a España | - | 16º | - | - | Ab. | Ab. | Ab. | - |
-: non participou
Ab.: abandono