Rabobank Cycling Team
O Rabobank Cycling Team é un equipo ciclista profesional de categoría UCI ProTour, fundado en 1984, con sede nos Países Baixos. O nome do equipo débese ó patrocinio da entidade bancaria neerlandesa Rabobank. Trátase dun dos equipos máis veteranos do pelotón internacional. As súas cores tradicionais son o laranxa e o azul.
Índice |
Historia[editar]
Ó longo da súa historia tivo diversas denominacións, dependendo dos patrocinadores principais do equipo. Así, a seguinte lista amosa os distintos nomes cos que foi coñecido este equipo dende 1984 ate 2012:
- Kwantum (1984-1986)
- Superconfex (1987-1989)
- Buckler (1990-1992)
- WordPerfect (1993-1994)
- Novell (1995-1995)
- Rabobank (1996-????)
Éxitos[editar]
Os máis salientables éxitos do equipo no ciclismo en ruta chegáronlle da man de Denis Menchov e Óscar Freire:
Giro de Italia (1): 2009 (Denis Menchov)
Vuelta a España (2): 2005, 2007 (Denis Menchov)
Campionato do Mundo de Ciclismo en Ruta (1): 2004 (Óscar Freire)
Outros corredores como Erik Breukink, Michael Boogerd, Erik Dekker, Michael Rasmussen, Thomas Dekker, Lars Boom, Robert Gesink e Luis León Sánchez teñen sumado varias vitorias menores no palmarés do equipo.