Gustavo César Veloso
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gustavo César Veloso, nado o 29 de xaneiro de 1980 en Vilagarcía de Arousa, é un ciclista galego.
Índice |
Traxectoria[editar]
Comezou a súa andadura no equipo Club Ciclista Cultural Cambados ás ordes de Xosé María Conde Osorio, equipo do que saltou a profesionais despois de innumerables vitorias como amateur e de ser mundialista en Plouay. Debutou como profesional no 2001 co equipo Carvalhelhos-Boavista, pasou polo Relax-Bodisol e Kaiku antes de recalar no Karpin Galicia, posteriormente denominado Xacobeo Galicia. O seu maior éxito chegou o 7 de setembro de 2009, cando gañou a 9ª etapa da Vuelta a España en solitario; con 21 segundos de diferenza sobre Marco Marzano tras un duro ataque.
Equipos coma profesional[editar]
- Carvalhelhos-Boavista (2001 - 2003)
- Relax-Fuenlabrada (2004)
- Kaiku (2005 - 2006)
- Xacobeo Galicia (2007-2010)
Palmarés[editar]
2009[editar]
- Gañador da 9ª etapa da Vuelta a España[1]
2008[editar]
- Gañador da Volta a Cataluña[2].
2006[editar]
- Gañador da 5ª etapa da Volta a Portugal, e líder durante un día.
- 4º na 6ª etapa da Volta ao País Vasco.
- 7º na Vuelta a Castilla y León.
- 7º na Volta ao Alentejo.
2005[editar]
- 9º na Vuelta a Aragón.
- 12º na Clasica de Almería.
- 14º no Campeonato de España de Contrarreloxo.
2004[editar]
- 13º no Tour de l’Avenir, sendo líder entre a 3ª e a 5ª etapa. 2º na CRI.
- 3º na Clásica de los Puertos.
- 11º na Clásica de Villafranca de Ordicia.
2003[editar]
- Gañador da Clásica de Primavera, en Portugal.
- Gañador do Premio do Porto e da 2ª etapa.
- 8º no Tour de l’Avenir.
- 5º no trofeo Abimota.
- 7º no Premio Cantañede.
- 16º no Campeonato de España de Contrarreloxo.
2002[editar]
- 14º no C. T. T. Correos.
- 16º no trofeo Abimota.
2001[editar]
- Gañador da Volta ás Tras-os-Montes e Alto Douro e vencedor da 4ª etapa.
- Gañador das Metas Volantes no Premio P. A. D.
Notas[editar]
- ↑ "Gran vitoria de Gustavo C. Veloso na novena etapa da Volta a España" www.xacobeogalicia.org.
- ↑ "Veloso gaña a Volta a Cataluña na última etapa" Artigo en www.anosaterra.org, 25 de maio de 2008.
