Gustavo Gutiérrez Merino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gustavo Gutiérrez.

Gustavo Gutiérrez Merino, nado en Lima (Perú) o 8 de xuño de 1928, é un teólogo, un dos artífices da Teoloxía da liberación

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Aqueixado dende a infancia de osteomielite, tivo que pasar períodos en cadeira de rodas e gardar cama. Estudou Medicina e Letras na Universdade Mayor de San Marcos en Lima. Militante de Acción Católica, as súas conviccións cristiás levárono a unha decidida loita social a prol da xustiza.

Estudou teoloxía na Universidade de Lovaina e na Universidade de Lyon. Tivo como profesores a Henri de Lubac e Yves Congar e tomou contacto con Hans Küng e Karl Rahner. Ordenouse sacerdote en 1959. Entrou na Orde dominica buscando seguir o espírito de pobreza e formación intelectual de Domingos de Guzmán.

É doutor honoris causa pola Universidade de Yale e foi Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades no ano 2003.

Pensamento[editar | editar a fonte]

Non pretende realizar unha teoloxía universal e atemporal, senón un pensamento encarnado na realidade social de opresión dos desfavorecidos. Dende o Evanxeo, pero tamén dende o Antigo Testamento, funda a opción preferencial polos pobres. A salvación cristiá é para o home íntegro tamén na súa dimensión sociopolítica. A súa teoloxía pretende ser unha reflexión crítica e operativa enfrontada as estruturas de dominación. O pecado ten tamén unha dimensión social que debe ser combatida tal como fixo Xesús de Nazaret. Servíndose da análise económica e social do marxismo, diagnostica unha situación e busca unha resposta liberadora alimentada polo pulo moral que nace da fe cristiá.

Aínda que unha parte da teoloxía da liberación foi censurada por Roma, Gustavo Gutiérrez, a diferenza de Leonardo Boff, nunca foi directamente condenado ou sancionado.

Premios e distincións[editar | editar a fonte]

En 2014 foi nomeado doutor honoris causa pola Universidade San Paulo de Ottawa.[1]

Obras[editar | editar a fonte]

  • Teología de la Liberación (1971)
  • La fuerza histórica de los pobres (1979)
  • Hablar de Dios desde el sufrimiento de los inocentes (1986)
  • La verdad os hará libres (1989)
  • Dios o el oro de las Indias (1989)
  • El Dios de la vida (1989)
  • En busca de los pobres de Jesucristo, el pensamiento de Bartolomé de Las Casas (1992)

Notas[editar | editar a fonte]