Hans Magnus Enzensberger
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hans Magnus Enzensberger, nado en Kaufbeuren o 11 de novembro de 1929, é un poeta e ensaísta alemán.
Índice |
Traxectoria [editar]
Estudou Xermanística, Literatura e Filosofía nas Universidades de Erlagen, Friburgo e Hamburgo, completando a súa formación na Sorbona de París, doctorándose en 1955.
Entre 1965 e 1975 foi membro do "Grupo 47". En 1965 fundou a revista Kursbuch, e desde 1985 dirixe a colección literaria Die andere Bibliothek (A outra biblioteca).
Traballou como redactor na radio de Stuttgart e exerceu a docencia ata 1957. No ano 2002 recibiu o Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades.
Obra [editar]
Ensaio [editar]
- Política e delito.
- Der kurze Sommer der Anarchie. Buenaventura Durrutis Leben und Tod (O curto verán da anarquía; vida e morte de Durruti, 1972).
- As aporías da vangarda.
- Migallas políticas.
- Europa, Europa!.
- Der Zahlenteufel. Ein Kopfkissenbuch für alle, die Angst vor der Mathematik haben (O diaño dos números, 1997; ilustracións de Rotraud Susanne Berner).
- A gran migración.
- Perspectivas de guerra civil.
- Mediocridade e Delirio.
- Elemento para unha teoría dos medios de comunicación (1971).
Teatro [editar]
- O filántropo.
Poesía [editar]
- Defensa dos lobos.
- Lingua do país.
- Mausoleo.
- Poesía para os que non len poesía.
- Música pura.
- O fundimento do Titanic.
- Máis lixeiro que o aire.
- Historia das nubes.
Premios [editar]
- 1956: Hugo Jacobi.
- 1963: Georg Büchner.
- 1985: Heinrich Böll.
- 1993: Erich Maria Remarque.
- 1998: Heinrich Heine.
- 1998: Pasolini.
- 2002: Ludwig Börne.
- 2002: Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades.