Pedro Dellacha

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Pedro Rodolfo Dellacha, nado en Lanús (Bos Aires) o 9 de xullo de 1926 e finado en Vicente López (Bos Aires) o 31 de xullo de 2010, foi un xogador e adestrador de fútbol arxentino que xogaba de defensa. Defendeu a Selección de fútbol de Arxentina en 35 ocasións.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Como futbolista[editar | editar a fonte]

Formouse nas categorías inferiores de Boca Juniors, pasando despois a Quilmes e Racing de Avellaneda. Retirándose do fútbol en México no Necaxa no ano 1965

Como adestrador[editar | editar a fonte]

No mesmo ano da súa retirada deu o paso aos bancos. E neles tivo unha extensa carreira conseguindo títulos de Liga en catro países diferentes, Arxentina, Uruguay, Colombia e Perú e conduciu a Independiente a dous campionatos de Copa Libertadores (1972 e 1975) e a Copa Intercontinental ante o Ajax en 1972.

Na tempada 1972-73 dirixe ao Celta de Vigo, onde un equipo con moi poucos reforzos non fixo bo ano tendo que dimitir Dellacha antes de finalizar a tempada. Foi substituído por Aretio á fronte do club, quen o salvou do descenso.

Dellacaha completou unha extensa carreira como técnico, que terminou en México no ano 1993.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]