Toni Cuervo
Toni Cuervo | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Antonio Cuervo Fernández | ||
Nacemento | 10 de maio de 1932 | ||
Lugar de nacemento | Pumarín | ||
Falecemento | 14 de outubro de 2017 | ||
Altura | 172 centímetros | ||
Posición | defensa | ||
[ editar datos en Wikidata ] | |||
Antonio Cuervo Fernández nado en Pumarín (Oviedo) o 10 de maio de 1932 e finado o 14 de outubro de 2017,[1] foi un futbolista e adestrador de fútbol asturiano, máis coñecido como Toni Cuervo. Xogaba na demarcación de defensa.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
A Guerra Civil Española fixo que tivese que a súa familia escapase a Francia e volvendo máis tarde a casa da familia coa súa avoa, xa que o pai estaba no cárcere. Cando este saíu do cárcere púxose a traballar con el de mecánico. Aos 15 anos fichou pola Unión Deportiva Ovetense e aos 17 polo Vetusta e finalmente polo Real Oviedo en 1950. Foi titular na defensa do club ovetense durante dezasete anos.
Sempre estivo vinculado ao fútbol asturiano, primeiro como xogador e despois como adestrador nos anos sesenta e setenta, salvo breves experiencias dirixindo equipos, como o Celta de Vigo, polo que fichou en 1977 co obxectivo de ascender a Primeira División. Porén, non acabou a tempada, xa que deixou o club na décima xornada por problemas co vestiario. Nun primeiro momento foi substituído polo segundo adestrador, Pepe Villar, para que finalmente se fixese cargo do equipo José María Maguregui.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Iván Álvarez (14 de outubro de 2017). "Fallece a los 85 años el exdefensa oviedista Toni Cuervo". El Comercio (en castelán).
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Berto V. T. (30 de outubro de 2012). "Toni Cuervo". Yo entrené al Celta (en castelán).