Fernando Castro Santos
| Información persoal | |||
|---|---|---|---|
| Nome completo | Fernando Castro Santos | ||
| Nacemento | 20 de febreiro de 1952 (61 anos) | ||
| Lugar | Poio, Galicia | ||
| Adestrador | |||
| Anos | Equipos | ||
| 1983–1988 | Pontevedra | ||
| 1988–1989 | Arenteiro | ||
| 1989–1995 | Compostela | ||
| 1995–1997 | Celta de Vigo | ||
| 1997–1998 | Braga | ||
| 1998–1999 | Sevilla | ||
| 1999–2000 | Tenerife | ||
| 2000–2002 | Poli Ejido | ||
| 2002–2003 | Braga | ||
| 2003–2004 | Córdoba | ||
| 2004–2005 | Almería | ||
| 2006–2007 | Vecindario | ||
| 2007–2008 | Poli Ejido | ||
| 2010 | Leixões | ||
| 2010–2011 | Pontevedra | ||
Fernando Castro Santos, nado o 20 de febreiro de 1952 en Lourido (Poio), é un adestrador de fútbol galego.
Índice |
Traxectoria [editar]
Castro Santos comezou a súa carreira como adestrador aos 30 anos no Pontevedra CF. Logo dunha campaña no Carballiño dirixindo o CD Arenteiro, en 1989 pasou a dirixir a SD Compostela, e en seis campañas logrou levar o equipo da terceira á primeira división. Despos de axudar ao Compos a acadar a permanencia na liga de fútbol 1994-95, fichou polo Real Club Celta, onde estivo dous anos.
Comezou a tempada 1997-98 na liga portuguesa dirixindo o Sporting Clube de Braga, sendo despedido meses despois, cando acadara chegar á final da Taça de Portugal. Entón marchou a Andalucía e fichou polo Sevilla FC, que daquela xogaba na segunda división. Deixou o equipo logo de ascendelo na tempada 1998-99. Posteriormente adestrou diversos equipos en segunda división, como o CD Tenerife, Polideportivo Ejido, Córdoba CF, UD Almería e UD Vecindario. Na tempada 2002–03 estivo de novo en Braga durante un tempo.
O 9 de febreiro de 2010 Castro Santos regresou a Portugal, substituíndo a José Mota no Leixões S.C., permanecendo até final da tempada. En outubro dese mesmo ano fichou polo Pontevedra CF, substituíndo a Ángel Viadero, posto de onde foi destituído en marzo de 2011, co equipo granate en postos de descenso.
Persoal [editar]
É pai do dianteiro galego Diego Castro (actualmente xogador do Getafe CF), co que chegou a enfrontarse nalgún partido na Segunda División.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Datos do adestrador en bdfutbol.com (en inglés).
- Ficha en ForaDeJogo (en portugués).
|
|||||