William Reaside

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Mr. Cowan»)
Infotaula de personaWilliam Reaside
Biografía
Nacemento24 de marzo de 1892 Editar o valor em Wikidata
Paisley, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Morte15 de novembro de 1964 Editar o valor em Wikidata (72 anos)
Old Kilpatrick, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido
Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista , adestrador de fútbol Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaEscocia Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
- Hibernian F.C. Editar o valor em Wikidata
  Adestrador enllaç= enllaç=
- Cheltenham Town Football Club (pt) Traducir
- Real Club Celta de Vigo Editar o valor em Wikidata

William Reaside, nado nado en Paisley o 24 de marzo de 1892 e finado en Old Kilpatrick o 15 de novembro de 1964 , foi un xogador e adestrador de fútbol escocés, coñecido tamén comoW. H. Cowan.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou sendo adestrador de atletismo ó tempo que xogaba ó fútbol en equipos da súa Escocia natal, entre eles o Hibernian F.C. Convertido en axudante do adestrador Chas During, traballou no humilde St.Miven, no Glasgow University e en varios clubs de Noruega.

Chega a Vigo o 31 de xullo de 1927 para facerse cargo do Celta de Vigo substituíndo a Andrés Balsa. So adestraría ao equipo olívico na tempada 1927-28, na que o levaría a cuartos de final da Copa de España, onde caería derrotado ante a Real Sociedad.

No campionato galego o Celta quedaría subcampión e, esa mesma tempada, xogaría a primeira Liga da historia en modo de proba, conseguindo o subcampionato por detrás do Racing de Santander, aínda que é a título de anécdota, xa que non ten valor oficial ningún.

No verán de 1928 o Celta baixo a dirección de Cowan realizou unha xira por Suramérica na que disputou tres encontros en Buenos Aires, dous no Uruguai e un en Rosario.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]