Francis Cuggy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Francis Cuggy, nado en Walker (Northumberland) o 16 de xuño de 1889 e finado na mesma vila o 27 de marzo de 1965, foi un futbolista e adestrador inglés que xogaba na posición de mediocentro defensivo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi o primeiro adestrador da historia do Celta de Vigo aliñándose tamén como xogador no equipo celeste, sendo probabelmente tamén o primeiro estranxeiro do equipo.

Comezou a xogar no Willington Athletic, de onde saíu para fichar polo Sunderland en 1909, debutando na derrota ante o Aston Villa o 12 de febreiro de 1913. No Sunderlan estivo a piques de conseguir o dobrete na tempada 1912-1913 ao gañar o campionato inglés pero perdeu a final da Copa FA ante o Aston Villa que á súa vez foi subcampión de Liga.

Cuggy foi dúas veces internacional ca Selección de fútbol de Inglaterra nas dúas ocasións ante Irlanda e en ambas citas o resultado foi de derrota para o combinado inglés.

O comezo da Primeira Guerra Mundial interrompeu a súa carreira futbolística, reincorporándose ao remate da mesma, na tempada 1919-1920, pero deixou o club en maio de 1921 para converterse en xogador e adestrador do Wallsend. Nos seus doce anos no Sunderland xogou un total de 190 partidos anotando catro goles.

Tras dous anos no Wallsend aceptou unha oferta do Celta de Vigo para adestrar ao club acabado de crear. Presentouse en Vigo en xaneiro de 1924 e poucos días despois debutou como xogador ante un combinado de mariñeiros ingleses, o 17 de xaneiro de 1924 no campo de Coia

Pese a chegar ao Celta cun contrato de cinco tempadas so estivo dúas na cidade olívica sendo substituído por Andrés Balsa ao final das mesmas, neses anos conquistou o título de campión galego nas dúas tempadas e levou ao Celta de Vigo á semifinal da Copa de España da tempada 1924-1925 contra o Arenas de Getxo. Disputou un total de 24 partidos co Celta, gañando 16, empatando 4 e perdendo so 4 partidos, con 85 goles a favor e 32 en contra.

Estes números converten a Francis Cuggy co adestrador con mellor media da historia do Celta, con 2,17 puntos por partido.

Unha vez rematou o seu vencello co fútbol, Cuggy traballou nos estaleiros de Wearside.

No ano 2002, a camiseta que vestiu na final da FA Cup de 1913 foi sometida a poxa na casa de poxas Christie's de Londres, vendéndose por 5.875 £.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]