Río Adige

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Adige en Verona

O río Adige (alemán Etsch, ladino Adiç, trentino Ades, véneto Àdexe) é un río italiano.

Percurso[editar | editar a fonte]

Nace preto do Passo Resia (Reschenpass), na Alta Val Venosta (Hochvinschgau), no Alto Adige e desauga no Mar Adriático, non lonxe de Chioggia. Por lonxitude - cerca de 410 km - é o segundo río italiano logo do Po e o 3° polo tamaño da conca, detrás do Po e o Tíber.

Atravesa as cidades de Trento, Verona, Legnago e baña Merano, Bolzano e Rovereto.

Os vales polos que corre reciben varios nomes: Val Venosta entre as fontes do nacemento e Merano, Val d'Adige entre Merano e Rovereto, Vallagarina entre Rovereto e Verona, e Val Padana entre Verona e a foz.

Conca[editar | editar a fonte]

A súa conca hidrográfica abranxe 12.200 km²: dos cales 7.200 corresponden ao Alto Adige, territorio que escoa nuns 140 km (é dicer 1/3 do seu percurso completo).

O seus principais afluentes son: