Charles Manson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Foto policial de Charles Manson.

Charles Milles Manson, nado en Cincinnati (Ohio) o 12 de novembro de 1934, é un criminal estadounidense fundador e líder de The Family, un grupo sectario hippie de California a finais dos anos 1960. Condenado por ordenar os asasinatos o 8 de agosto de 1969 de Sharon Tate, dona do realizador de cinema Roman Polanski, e dos seus convidados e o día seguinte os de Leno e Rosemary LaBianca.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Na época na que se formou The Family, Manson era un exconvito desempregado, que pasara a metade da súa vida en institucións correccionais por varios delitos. No período inmediatamente anterior ós asasinatos, Manson conseguíu entrar no mundo da industria musical dos Ánxeles pola súa amizade con Dennis Wilson, membro de The Beach Boys, só despois de ser acusado dos crimes, as cancións escritas e cantadas por el saíron ó mercado, artistas como Guns N' Roses e Marilyn Manson gravaron as súas cancións nas décadas seguintes.

Condenado á pena de morte, a súa sentenza quedou reducida a cadea perpetua ó eliminar temporalmente o Tribunal Supremo de California a pena de morte en 1972, actualmente cumpre condea na prisión estatal de Corcoran.