Steve Albini

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Steve Albini
Albini atp.jpg
Nome completo Steven Frank Albini
Naceu 22 de xullo de 1962 (52 anos)
Orixe Pasadena, California Flag of the United States.svg
Morreu noise rock, post-hardcore, rock alternativo
Ocupación (s) enxeñeiro de son, músico, produtor
Instrumento(s) guitarra, baixo, voz, caixa de ritmos
Relacionado con Big Black, Rapeman, Flour, Shellac
Tempo en activo 1982 - actualidade

Steven Frank Albini, nado en Pasadena (California) o 22 de xullo de 1962, é un enxeñeiro de son, produtor, músico e xornalista musical estadounidense. Foi membro das bandas Big Black, Rapeman e Flour, e na actualidade toca en Shellac. É fundador, dono e enxeñeiro de Electrical Audio, un complexo de estudios de gravación situado en Chicago, e traballou con artistas coma Pixies, Nirvana, Cheap Trick, Electrelane, Scrawl e PJ Harvey entre outros.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Big Black (1982–1987)[editar | editar a fonte]

En 1982 Albini formou Big Black e gravou o EP Lungs. Jeff Pezzati (Naked Raygun) e Santiago Durango uníronse pouco despois, e o trío (xunto unha caixa de ritmos acreditada como "Roland") publicaron dous EPs máis: Bulldozer (1983) e Racer-X (1984). Pezzati foi substituído posteriormente no baixo por Dave Riley, co cal o grupo gravou dous álbums: Atomizer (1986) e Songs About Fucking (1987), ademais do EP Headache EP (1987), e dous sinxelos en 7": "Heartbeat" e "He's a Whore/The Model". Influenciada por PiL, The Birthday Party, Killing Joke, Wire e Gang of Four, a banda gañouse unha antes de separarse en 1987 antes do lanzamento do seu segundo álbum.

Rapeman (1987–1988)[editar | editar a fonte]

Albini pasaría a formar Rapeman en 1988, cos antigos membros de Scratch Acid, Rey Washam (posteriormente en Didjits), e David Wm. Sims (posteriormente en The Jesus Lizard). O grupo desfíxose despois do lanzamento dun EP, Budd, e dun álbum, Two Nuns and a Pack Mule (1988). Rapeman tamén editou dous 7", un deles a través do Sub Pop Singles Club.

Shellac (1992–actualidade)[editar | editar a fonte]

Albini formou Shellac en 1992. Cos seus compañeiros Bob Weston (anteriormente en Volcano Suns), e Todd Trainer (de Rifle Sport, Breaking Circus e Brick Layer Cake), inicialmente publicaron tres EPs: The Rude Gesture: A Pictorial History, Uranus e The Bird is the Most Popular Finger. A estes seguíronlle catro álbums de estudio: At Action Park (1994), Terraform (1998), 1000 Hurts (2000) e Excellent Italian Greyhound (2007).