How to Destroy Angels

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
How to Destroy Angels
HowToDestroyAngelsBandLogo.svg
Orixe Estados Unidos, Flag of the United States.svg
Xénero(s) post-industrial, experimental, electrónica
Selo(s) discográfico(s) The Null Corporation
Membros Mariqueen Maandig
Trent Reznor
Atticus Ross
Web oficial howtodestroyangels.com


How to Destroy Angels é unha banda de post-industrial estadounidense composta polo líder de Nine Inch Nails Trent Reznor, a súa muller Mariqueen Maandig e Atticus Ross. Rob Sheridan é o director artístico do grupo. O seu nome está sacado dun sinxelo da banda Coil aparecido en 1984.

Historia[editar | editar a fonte]

A primeira edición da banda foi un EP de 6 temas, How to Destroy Angels, editado o 1 de xuño do 2010 de xeito gratuíto a través da súa web. Do EP sacouse o sinxelo "A Drowning", e unha segunda canción, "The Space in Between", estreouse como video en Pitchfork o día 14 de maio. O video foi dirixido por Rupert Sanders, e ambalasdúas cancións foron lanzadas como arquivos de son multipista.

Un terceiro tema, "The Believers", estivo dispoñible a través da aplicación para o iPad da revista Wired, xunto cunha análise da canción, e tamén como descarga gratuíta a través da páxina oficial.

Segundo dixo Trent Reznor nunha entrevista en Times Talk no ano 2011, a banda está traballando nun novo EP. Falando do seu son comentou que sería máis rítmico, distinto ao do primeiro e afirmou que aparecería ao longo do 2011, posiblemente de cara o verán.

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums de estudio[editar | editar a fonte]

EPs[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]