Came Back Haunted

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
"Came Back Haunted"
sinxelo de Nine Inch Nails
do álbum Hesitation Marks
Lanzamento 6 de xuño do 2013
Formato descarga dixital
Gravada 2012 - 2013
Xénero musical rock industrial, electrónica
Duración 5:17 (full-length single version)
3:56 (radio edit)
Discográfica Columbia, The Null Corporation
Produtor(es) Trent Reznor, Atticus Ross, Alan Moulder
Escritor(es) Trent Reznor
Cronoloxía
"Discipline" "Came Back Haunted" -
Miscelanea {{{miscelanea}}}

"Came Back Haunted" é unha canción da banda estadounidense de rock industrial Nine Inch Nails, publicada como primeiro sinxelo do seu álbum Hesitation Marks o día 6 de xuño do 2013. Trátase do primeiro sinxelo do grupo dende que está co selo Columbia Records.

Música e letra[editar | editar a fonte]

O tema contén partes formadas por capas de sintetizadores, patróns rítmicos industriais e unha liña de baixo electrónica, que son interrumpidas por un ruptura instrumental conducida por guitarras. A canción remata cun outro vocal cun canto do título do tema.

Gary Graff de Billboard interpretou as letras da canción como un "recoñecemento da ausencia de Reznor" e unha presumible referencia ás súas expericncias realizando bandas sonoras de películas e no seu proxecto paralelo How to Destroy Angels.