Year Zero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Year Zero
Álbum de Nine Inch Nails
Edición: 16 de abril do 2007
Datas de gravación: setembro - decembro do 2006
Estudio(s) de gravación: {{{estudio}}}
Duración: {{{duración}}}
Xénero: rock industrial
Selo(s): Interscope
Producido por: Trent Reznor, Atticus Ross
Cronoloxía
With Teeth Year Zero Ghosts I–IV

Year Zero (tamén coñecido coma Halo 24) é o sexto álbum de estudio da banda de rock industrial estadounidense Nine Inch Nails. Foi editado o día 16 de abril do 2007 baixo o selo Interscope Records. O álbum foi producido polo líder da banda, Trent Reznor, e Atticus Ross, mesturado polo vello colaborador do grupo Alan Moulder e masterizado por Brian Gardner. O álbum foi composto por Trent Reznor durante a xira do seu anterior traballo, With Teeth. En contraste co estilo máis introvertido de composición que Reznor usou en traballos anteriores, Year Zero é un álbum conceptual que criticaba ás políticas contemporáneas do goberno dos Estados Unidos presentando unha visión distópica do ano 2022.

O álbum é parte dun proxecto máis grande que inclue un álbum de remesturas, un xogo de realidade alternativa, e unha potencial película. O xogo de realidade alternativa Year Zero ampliou a historia ficticia do disco usando medios tales como páxinas web, mensaxes telefónicas pre-gravadas ou murais.

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

  1. "HYPERPOWER!" – 1:42
  2. "The Beginning of the End" – 2:47
  3. "Survivalism" – 4:23
  4. "The Good Soldier" – 3:23
  5. "Vessel" – 4:52
  6. "Me, I'm Not" – 4:51
  7. "Capital G" – 3:50
  8. "My Violent Heart" – 4:13
  9. "The Warning" – 3:38
  10. "God Given" – 3:50
  11. "Meet Your Master" – 4:08
  12. "The Greater Good" – 4:52
  13. "The Great Destroyer" – 3:17
  14. "Another Version of the Truth" – 4:09
  15. "In This Twilight" – 3:33
  16. "Zero-Sum" – 6:14