Pretty Hate Machine

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Pretty Hate Machine
Álbum de Nine Inch Nails
Publicado20 de outubro de 1989
Estudio(s)Right Track, Cleveland; Blackwing & Roundhouse, Londres; Unique, Nova York; Synchro Sound, Boston
Duración48:50
Xénero(s)rock industrial, synthpop
Selo(s)TVT Records
Producido porTrent Reznor, Flood, Adrian Sherwood, Keith LeBlanc, John Fryer
Cronoloxía
Pretty Hate Machine The Downward Spiral

Pretty Hate Machine (tamén coñecido coma Halo 2) é o álbum de estrea da banda estadounidense de rock industrial Nine Inch Nails, editado o 20 de outubro de 1989 a través do selo TVT Records. O álbum estivo descatalogado dende 1997 ata 2005 debido a problemas entre Trent Reznor e o selo TVT Records. Rykodisc remasterizouno e reeditouno no 2005. Pretty Hate Machine está formado por temas da demo Purest Feeling e cancións gravadas despois da mesma. Do álbum saíron tres sinxelos, sendo o máis exitoso "Head Like a Hole".

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

  1. Head Like a Hole” – 4:59
  2. Terrible Lie” – 4:38
  3. Down in It” – 3:46
  4. “Sanctified” – 5:48
  5. “Something I Can Never Have” – 5:54
  6. “Kinda I Want To” – 4:33
  7. Sin” – 4:06
  8. “That’s What I Get” – 4:30
  9. “The Only Time” – 4:47
  10. “Ringfinger” – 5:40
  11. "Get Down, Make Love" (versión de Queen, canción extra da reedición do 2010) - 4:19