Nothing Records

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nothing Records
Nothing logo.svg
Compañía nai Universal Music Group
Fundado en 1992
Fundador John Malm Jr., Trent Reznor
Estado desaparecida
Distribuidoras Interscope Records
Xénero(s) rock industrial, música electrónica
País de orixe Estados Unidos de América Flag of the United States.svg
Localización Nova Orleáns (Luisiana)
Web oficial

Nothing Records foi un selo discográfico estadounidense, especializado en rock industrial e música electrónica, fundado por John Malm Jr. e Trent Reznor en 1992. Nothing desapareceu no ano 2004.

Historia[editar | editar a fonte]

Nothing Records é sobre todo coñecida polas súas dúas primeiras bandas, o propio grupo de Trent Reznor Nine Inch Nails e Marilyn Manson.

O selo fíxose moi popular na escena do rock industrial, e incluso tivo o seu propio fanzine online chamado Sick Among the Pure, aínda que posteriormente converteuse nun fanzine industrial máis xeral que deixou de existir no 2005. O selo Nothing adoitaba a recompensar aos seus seareiros a través de internet, e unha forma era con Radio Nothing: unha exclusiva coleción de MP3 que podían escoitarse gratuitamente.

En setembro do 2004, coincidindo coa partida de Trent Reznor de Nova Orleáns cara a costa oeste, a páxina de Nine Inch Nails puxo "nothing studios: 1994-2004", suxerindo a desaparición da discográfica. Posteriormente aclarouse que a banda rematara a súa relación con Nothing Records. A especulación entre o público sobre a continuidade do selo cesou cando Reznor demandou con éxito ao seu co-fundador John Malm Jr por fraude e incomprimento do seu deber (entre outros motivos).

O 5 de maio do 2005 nunca actualización en nin.com Trent escribiu, "Para ser claro: a miña relación con Nothing Records rematou. Está Nothing Records vivo ou existe como entidade? Habería que preguntarlle a John Malm (nós non estamos realmente falando moito estes días)... os estudio Nothing aínda están en Nova Orleáns e non estou seguro de que vou facer con eles. Pensareino cando remate coa xira".

With Teeth e os seus correspondentes sinxelos levan o logo de Nothing Records, pero Reznor dixo publicamente que foi pola insistencia de John Malm. Beside You In Time (editado en febreiro do 2007) tamén leva o logo no seu paquete e nos créditos do video.

O sinxelo "Survivalism" e o álbum Year Zero, editados respectivamente en marzo e abril do 2007, xa non contan co logotipo da discográfica.