Oliver Stone
| William Oliver Stone | |
Oliver Stone en 1986 |
|
| Información persoal | |
|---|---|
| Nacionalidade | |
| Data de nacemento | 18 de setembro de 1946 |
| Lugar de nacemento | Nova York |
| Filmografía | |
| Películas dirixidas | |
| Películas guionizadas | |
| Películas producidas | |
|
|
|
| Ficha en IMDb | |
William Oliver Stone (nado o 15 de setembro de 1946 en Nova York) é un director de cine e guionista estadounidense. Stone fíxose coñecido a finais dos anos 80 e principios dos 90 por dirixir unha serie de películas sobre a Guerra do Vietnam, na cal participou como soldado de infantería. O seu traballo céntrase frecuentemente en cuestións políticas e culturais contemporáneas, a miúdo dun xeito controvertido. Stone gañou tres Oscar: ao mellor guión adaptado por Midnight Express (1978), e mellor director por Platoon (1986) e Born on the Fourth of July (1989).
Os filmes de Stone adoitan a usar moitas cámaras e formatos distintos, incluíndo VHS, películas de 8 mm e de 70 mm. Ás veces usa varios formatos nunha única escena, como en Natural Born Killers (1994) e JFK (1991).