Vibráfono

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vibráfono

O vibráfono é un instrumento de percusión, idiófono, formado por lamelas metálicas que se dispoñen de forma cromática. É un instrumento moi antigo, descendente dos metalófonos de Xava e Bali. As lamelas están suspendidas e debaixo teñen uns tubos resonadores. Na actualidade conta con novos avances, como a colocación dun pedal que fai que se suspendan totalmente todas as lamelas ou se apaguen contra unhas almoadiñas. Tamén conta cun pequeno motor que move unhas aspas dentro dos tubos e o toca; o son resona e fai un bonito vibrato .