Broken

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Broken
EP de Nine Inch Nails
Data de edición: 22 de setembro de 1992
Lanzamento:
Datas de gravación: marzo - agosto de 1992
Estudo(s) de gravación: Hell, New Orleans; Royal Recorders, Lake Geneva; South Beach Studios, Miami Beach; Village Recorder & A&M, Los Angeles; Pig, Beverly Hills
Duración: 33:09
Xénero musical: metal industrial
Selo discográfico: TVT/Nothing
Producido por: Trent Reznor, Flood
Cronoloxía
Pretty Hate Machine Broken The Downward Spiral

Broken (tamén coñecido coma Halo 5) é o primeiro EP da banda Nine Inch Nails, editado o 22 de setembro de 1992. É considerablemente máis pesado e ten máis influencias do rock industrial e do noise rock que o seu antecesor Pretty Hate Machine, máis orientado cara o synthpop.

A promoción do EP foi problemática. Os videos musicais que compañaban a 5 dos 8 temas foron retirados de moitas televisión debido ao seu contido perturbador. Porén, "Wish" gañou o Grammy en 1993 á mellor actuación de metal e "Happiness in Slavery" faríao en 1995. Ademais Broken estreouse con reacción xeralmente positivas, e acodou o número 7 na listal Billboard 200. Un EP de remesturas de acompañamente, Fixed, foi lanzado a finais de 1992.

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

Todos os temas escritos por Trent Reznor agás onde se indique.

  1. "Pinion" – 1:02
  2. "Wish" – 3:46
  3. "Last" – 4:44
  4. "Help Me I Am in Hell" – 1:56
  5. "Happiness in Slavery" – 5:21
  6. "Gave Up" – 4:08

Os cortes do 7 ao 97 son silencios de 1 segundo.

  • 98. "Physical" (Adam Ant) - 5:29
  • 99. "Suck" (Pigface) - 5:07

Os temas 98 e 99 non están listados cos temas do 1 ao 6 na empalaxe do EP. Hai unha referencia coma "7" e "8" nun pequeno texto na información do copyright.