Alessandro Cortini

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alessandro Cortini
Data nacemento24 de maio de 1973 (50 anos)
Nado enBoloña, Italia Italia
Ocupacióncantante, guitarrista, vocalista, teclista e produtor musical
Instrumento(s)voz, teclado, sintetizador, guitarra, baixo
Relacionado conModwheelmood, SONOIO, Blindoldfreak, Muse, Nine Inch Nails, The Mayfield Four
Tempo en activo1995 - actualidade
Na rede
http://www.modwheelmood.com/ e https://cortini.bandcamp.com/music
Facebook: sonoio.org Twitter: blindoldfreak Instagram: alehan MySpace: blindoldfreak Bandcamp: cortiniSouncloud: alessandrocortini Musicbrainz: 7b88250d-891d-4186-9b16-b94c930be1b2 Songkick: 3196976 Discogs: 756706 Deezer: 4991018 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Alessandro Cortini, nado en Boloña o 24 de maio de 1973, é un músico italiano, coñecido por xirar e gravar coa banda estadounidense de rock industrial Nine Inch Nails dende 2004 ata 2008. Cortini tamén é líder da banda electrónica alternativa dos Ánxeles SONOIO, e foi o guitarrista rítmico de The Mayfield Four dende o ano 2000 ata o 2002. Recentemente completou unha pequena xira polo Canadá co seu proxecto en solitario, blindoldfreak.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Cortini naceu en Boloña, pero medrou en Forlì. Viaxou de Italia aos Estados Unidos para estudar guitarra no Musicians Institute. Despois de graduarse, e afastarse da guitarra, decidiu centrarse nos teclados e nos sintetizadores. Nos anos 2001 e 2002 Cortini foi guitarrista de xira con The Mayfield Four, na promoción do seu álbum Second Skin. Aínda que foi mestre por un tempo no Musicians Institute, viu un anuncio de audicións para Nine Inch Nails e decidiu presentarse.

Cortini tocou con Nine Inch Nails dende o 2005 ata o 2008, durante as xiras Live: With Teeth, Performance 2007 e Lights In The Sky Over North/South America. O seu principal rol foi o de teclista, pero tamén tocou a guitarra e o baixo nalgunhas cancións. Ademais de xirar coa banda, Cortini tamén contribuíu no álbum instrumental Ghosts I–IV e en The Slip. Unha remestura feita por Modwheelmood de "The Great Destroyer" aparece no álbum Year Zero Remixed, e Cortini tamén aparece no DVD ao vivo Beside You In Time, así como nos vídeos musicais de "The Hand That Feeds" e "Survivalism". Deixou a banda a finais do 2008, citando o seu desexo de continuar con outros proxectos.

Cortini é o líder da banda dos Ánxeles Modwheelmood, xunto ao antigo guitarrista de Abandoned Pools Pelle Hillstrom. Xuntos levan editados dous EPs, ? e Enemies & Immigrants. No ano 2007 editaron Things Will Change, o disco de remesturas que acompaña a Enemies & Immigrants, e lanzaron a primeira parte do seu novo álbum Pearls to Pigs, Vol. 1 o 25 de decembro dese mesmo ano.

No outono do 2006 colaborou co Recording Artist Program do Musicians Institute actuando como asesor dos estudantes. No 2009 ocupou o oco deixado polo teclista Morgan Nicholls en Muse mentres este se tomou un tempo para estar co seu fillo acabado de nacer. No 2010 gravou un tema chamado "Birds of Prey" con Christina Aguilera, que aparece na edición "deluxe" do seu cuarto álbum, Bionic.