Closer (sinxelo de NIN)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
"Closer"
sinxelo de Nine Inch Nails
do álbum The Downward Spiral
Lanzamento 30 de maio de 1994
Formato CD, 12", casete
Gravada 1993 - 1994
Xénero musical rock industrial
Duración 6:13 (versión do álbum)
6:26 (versión do sinxelo)
Discográfica Nothing/TVT/Interscope (EEUU)
Nothing/Island (RU)
Produtor(es) Flood e Trent Reznor
Escritor(es) Trent Reznor
Cronoloxía
"March of the Pigs" "Closer" "Burn"
Miscelanea {{{miscelanea}}}

"Closer " (tamén coñecido coma Halo 9) é un sinxelo da banda estadounidense de rock industrial Nine Inch Nails, editado o 30 de maio de 1994 e sacado do seu álbum The Downward Spiral. Moitas versións do sinxelo aparecen co título "Closer to God", un estraño exemplo na música dun sinxelo cun título distinto ao do tema da cara-A ("Closer to God" é tamén o título dunha versión alternativa de "Closer" que aparece no sinxelo).

A pesar da contundente mensaxe sexual e profana que aparece na súa letra, "Closer" converteuse no maior éxito de Nine Inch Nails ata ese momento, cementando o status de Reznor de superestrela do rock industrial's status as an industrial rock superstar, e sendo a canción máis coñecida do grupo na actualidade. Fortemente editadas versións da canción e do seu video musical (dirixido por Mark Romanek) foron emitidas frecuentemente pola radio e pola MTV.

Interpretación ao vivo[editar | editar a fonte]

Durante as xiras Self Destruct e Fragility, o baixista Danny Lohner e o guitarrista Robin Finck uníanse aos teclados con Reznor para tocar esta canción, realizando Reznor un extenso solo cos sintetizadores.

Hai videos da cancións ao vivo en And All that Could Have Been e Beside You in Time.

Nas xiras que seguiron á edición de With Teeth, Nine Inch Nails interpretou unha versión máis curta de "Closer" co solo de teclado realizado con guitarra e unha ruptura que incorporaba un anaco de "The Only Time", un tema de Pretty Hate Machine. Dúas interpretacións desta versión aparecen en Beside You in Time.

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

  1. "Closer to God" (remesturado por por Trent Reznor, Sean Beavan, Brian Pollack) – 5:05
  2. "Closer (Precursor)" (remesturado por Coil, Danny Hyde) – 7:16
  3. "Closer (Deviation)" (remesturado por Jack Dangers, Craig Silvey) – 6:15
  4. "Heresy (Blind)" (remesturado por Dave Ogilvie, Anthony Valcic, Joe Bisara) – 5:32
  5. "Memorabilia" – 7:21
  6. "Closer (Internal)" (remesturado por Bill Kennedy, Scott Humphrey, John "Geetus" Aguto, Paul Decarli, Eric Claudiex) – 4:15
  7. "March of the Fuckheads" (remesturado por Adrian Sherwood) – 4:43
  8. "Closer (Further Away)" (remesturado por Kennedy, Humphrey, Aguto, Decarli, Claudiex) – 5:45
  9. "Closer" – 6:26

Versións de Closer[editar | editar a fonte]