Gonzalo Varela Agrelo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaGonzalo Varela Agrelo
Biografía
Nacemento10 de xullo de 1914 Editar o valor em Wikidata
A Estrada, España Editar o valor em Wikidata
Morte1991 Editar o valor em Wikidata (76/77 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
- Real Club Celta de Vigo Editar o valor em Wikidata

Gonzalo Varela Agrelo, nado na Estrada o 10 de xullo de 1914 e finado en 1991, foi un futbolista galego máis coñecido como Varela, que xogaba na demarcación de defensa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Despois de xogar no Club Deportivo Estradense, Varela chegou na tempada 1935-36 ao Celta de Vigo, que estaba buscando o ascenso a Primeira División. Militaría no club 5 tempadas.

No primeiro ano que estivo no Celta o equipo conseguiu o ascenso pero o comezo da Guerra Civil Española fixo esperar o debut na máxima categoría. O propio Varela serviría como cabo de artillaría en Aragón e Levante.

O 3 de decembro de 1939 por fin debuta o Celta en Primeira División, sería cunha derrota ante o Real Zaragoza. Porén o equipo acadaría a permanencia despois de vencer na promoción ao Deportivo da Coruña que tentaba ascender. Varela disputaría 16 dos 22 encontros da tempada, formando parella con Vicente Cons.

Na tempada 1941-42 comezou a perder peso nos onces iniciais e finalmente o club prescindiu dos seus servizos para aliviar a delicada situación económica o 4 de febreiro de 1944, xunto a el tamén deixaron o club Martín Pica e Alberich.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]