Stadium Gal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Stadium Gal
Fachada principal del Stadium Gal.JPG
Fachada principal do Stadium Gal
Datos
Localización Irun, Guipúscoa
España Flag of Spain.svg
Construción
Inauguración 1926
Arquitecto Carlos Agirretxe
Estadio
Superficie Céspede natural
Dimensións 100 x 67 m
Capacidade 6.344
Propietario Real Unión Club
Localía Real Unión Club

O Stadium Gal é un estadio de fútbol situado na cidade de Irun, no País Vasco. Nel disputa os seus partidos como local o Real Unión Club. Está a 300 metros da localidade francesa de Hendaia e da fronteira do mesmo estado.

Foi construído en 1926 e neste estadio o Real Unión disputou todos os seus partidos como local en Primeira, Segunda, Segunda B e en Terceira e nel logrou a marca de ser o primeiro equipo de Segunda B en eliminar ao Real Madrid nunha eliminatoria (ida 3-2 e volta 4-3). O estadio na actualidade dispón dunha capacidade de 6.344 espectadores e de céspede natural.