Tecnoloxías da información

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Tecnoloxía da información")
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Mapamundi que representa o gasto de cada país en tecnoloxías da información e comunicación en 2005, expresado como porcentaxe do que ten o maior gasto (USA).

As tecnoloxías da información (TI) son unha serie de metodoloxías, ferramentas, técnicas e dispositivos utilizados na utilización e proceso da información dentro do ámbito da informática e a computación.
En termos xerais inclúe o uso de ordenadores (hardware), de programas lóxicos para operalos (software) e das telecomunicacións utilizadas para interconectalos.
Os primeiros pasos para o establecemento dunha sociedade da información déronse co invento do telégrafo eléctrico, do teléfono fixo, da radiotelefonía e da televisión, aínda que foi internet o que lle deu o pulo definitivo.